Carreira cara ao mar
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Carreira cara ao mar | |
---|---|
primeira guerra mundial | |
![]() Mapa en inglés da carreira cara ao mar apuntando as batallas máis importantes. | |
Tipo | campaña militar ![]() |
Data | |
Localización | Francia e Bélxica ![]() |
Coordenadas | 49°30′00″N 2°50′00″L / 49.5, 2.83333 |
[ Wikidata ] |
A Carreira Cara ao Mar (en inglés: Race to the Sea, francés: Course à la mer; alemá: Wettlauf zum Meer, neerlandés: Race naar de Zee) é o nome que se lle a unha campaña militar da primeira guerra mundial, no que ambos exércitos trataron de envolver ao inimigo avanzando a través dos flancos. Trátase da última operación da guerra móbil, sendo o teatro de operacións o nordeste de Francia. Ningún dos dous bandos conseguiu o seu obxectivo e a guerra estancouse nunha fronte estática, cuxo máximo expoñente foi a trincheira.
A carreira comezou en setembro de 1914, cando os exércitos alemáns foron detidos na primeira batalla do Marne e rematou en novembro de 1914, cando se estableceron trincheiras desde a fronteira suíza ata as costas belgas. Deste xeito, ningún dos exércitos era quen de furar as defensas do inimigo. Durante os meses que durou a carreira producíronse diversos enfrontamentos nas localidades francesas da rexión.
Entre as numerosas batallas que forman parte desta carreira destacan: a primeira batalla do Aisne (13 ao 28 de setembro de 1914), a batalla de Albert (25 ao 29 de setembro), a primeira batalla de Artois (27 de setembro ao 10 de outubro), a batalla da Bassée (10 de outubro ao 2 de novembro), a batalla de Messines (12 de outubro ao 2 de novembro), a batalla de Armentières (13 de outubro ao 2 de novembro) e a batalla de Yser (18 de outubro ao 30 de novembro).
Francia enviou ao X Exército cara Amiens a mediados de setembro, avanzando dende o día 25 cara ao leste. Pola súa banda, o VI Exército do Imperio Alemán avanzou o 26 de setembro cara Thiepval e Bapaume. As tropas alemás pretendían avanzar cara a canle da Mancha para illar Bélxica, cortar as liñas de subministración das tropas expedicionarias británicas e ocupar rexións francesas de grande importancia agrícola e industrial.
Non obstante, os alemáns atoparon unha férrea defensa franco-británica e non puideron acadar todos os seus obxectivos. Tomaron Lens e Ypres, mentres que os británicos mudaron as rutas de abastecemento e habilitaron Calais como porto militar de sunministracións.
Pouco a pouco a longa fronte foise estabilizando despois dunha serie de batallas. Os xermanos tentaron romper as liñas aliadas furándoas en Ypres. Os aliados resistiron a acometida e aguantaron, a pesar de sufrir grandes baixas. Cara novembro, a maioría das rexións estaba ocupada por un ou outro bando.