Batalla de Aclea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Aclea
Parte de Invasións viquingas de Inglaterra
Data 851
Lugar Ockley, Surrey, Inglaterra
Resultado
Belixerantes
Anglosaxóns Viquingos daneses
Líderes
Æthelwulf Descoñecido

A batalla de Aclea foi un acontecemento bélico que tivo lugar no 851 (aínda que para outras fontes foi non 852)[1] entre anglosaxóns e viquingos daneses nalgún lugar de Ockley, Surrey.[2][3]

Contexto[editar | editar a fonte]

Os saxóns de Aethelwulf, rei de Wessex, tiveron que facer fronte a outra onda de invasores daneses. Aínda que non existen moitos detalles sobre a batalla, a maior parte da información procede da Crónica anglosaxoa na que se mencionan, ese ano, 5 ataques viquingos no sur de Inglaterra:

350 Naves [viquingas] asucaron o Támese arrasando Canterbury e Londres, obrigando a Beorhtwulf, rei de Mercia, fuxir co seu exército cara ao sur do Támese en Surrey, e o rei Aethelwulf e o seu fillo Aethelbald co exército de Wessex loitaron contra eles en Oak Field [Aclea], e fixeron a maior matanza de invasores pagáns que ouvimos até o día de hoxe,[4]obtendo a vitoria.[5][6]

Nun período de constantes enfrontamentos cons viquingos, a partir do 793, a batalla de Aclea foi unha excepcional vitoria dos anglosaxóns pois as invasións fóronse intensificando até a chegada do Grande exército pagán no 865. Daquela, a batalla de Aclea quedara reducida a unha simple anécdota histórica.

Localización[editar | editar a fonte]

A localización exacta da batalla aínda non se identificou con certeza. A proposta con máis partidarios é a de Oakley en Surrey mais tamén se teñen considerado Oakley Wood,[1] preto de Merstham (Surrey) ou Oakley en Hampshire.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "THE BATTLE OF OCKLEY, A.D. 852." (PDF). archaeologydataservice.ac.uk (en inglés). Consultado o 5-8-2020. 
  2. Crónica anglosaxoa: Manuscrito de Winchester (Traducido por M. Swanton (2000), Phoenix Press)
  3. Williams, Ann (1991) A Biographical Dictionary of Dark Age Britain, Seaby
  4. "até o diía de hoxe" refírese a corenta anos máis tarde, cando principiou a escrita da Cronica anglosaxoa.
  5. Swanton (2000), p. 64
  6. Baker (1995), p. 28
  7. Asser (2013), nota 38, p. 12

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]