Bartolomé Mostaza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBartolomé Mostaza
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1907 Editar o valor em Wikidata
Santa Colomba de Sanabria, España (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de abril de 1982 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3281753

Bartolomé Mostaza Rodríguez, nado en Santa Colomba de Sanabria (Zamora) o 14 de setembro de 1907 e finado en Madrid o 2 de abril de 1982, foi un político, escritor e xornalista español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Joaquín Mostaza Rodríguez e descendente da familia Rodríguez de Medio, foi o terceiro de nove irmáns. O seu pai morreu cando tiña once anos. Graduado en filoloxía clásica e dereito na Universidade de Salamanca, empezou a exercer o xornalismo en 1932, sendo redactor de El Debate.

Durante o período republicano evolucionou cara ao falanxismo. Tras o inicio da Guerra Civil, foi xefe provincial de Prensa e Propaganda de Falange en Ourense onde fundou e dirixiu o xornal Rumbo. Foi xuíz municipal de Ourense e tenente de Estado Mayor. Foi nomeado director de Arco en xuño de 1939[1]. Durante o franquismo, tras dirixir varias cabeceiras de provincias e a revista falanxista Fotos, chegou á subdirección do tamén falanxista Arriba. Posteriormente pasou a Ya, onde foi xefe da sección internacional, crítico literario e subdirector. Entre 1970 e 1977 foi o seu director. Tamén foi o representante da redacción de Ya no consello de administración de Editorial Católica, propietaria do xornal. Foi tamén censor oficial de teatro.

Destacou pola súa faceta docente: Foi un dos profesores da escola de xornalismo de El Debate, membro do claustro da Escola de Xornalismo da Igrexa e director da Escola Oficial de Xornalismo.

Escribiu obras relacionadas coa doutrina da igrexa católica, como Comentarios a las encíclicas Mater et Magistra e Pacem in terris; tamén abordou o ensaio político: Comunicación social e integración europea e Europa como espacio geopolítico; e a poesía Búsqueda (1949), La vida en vilo (1952) e En esta tierra. Durante os últimos anos da súa vida, traballou en Poesía española del siglo XIII al siglo XX, unha obra de investigación e crítica. Obtivo en dúas ocasiones o Premio Nacional de Periodismo.

Dous dos seus irmáns Miguel Mostaza Rodríguez e Antonio Mostaza Rodríguez alcanzaron certa relevancia no ámbito eclesiástico español do século XX.

Obras[editar | editar a fonte]

  • A corazón abierto, 1997.
  • Panorama de la poesía española en castellano, 1981.
  • Nuevo derecho parroquial, 1984.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con Sara Martínez Fernández en febreiro de 1939.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noticia en La Región, 4-6-1939, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]