Rumbo (periódico)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rumbo.
Rumbo | |
---|---|
Localidade | Ourense |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rumbo foi un xornal editado en Ourense en 1937.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Órgano de Falange Española Tradicionalista y de las JONS de Orense, apareceu o 28 de febreiro de 1937. Fundado por Bartolomé Mostaza, xefe de Prensa e Propaganda da Falange de Ourense, que tamén foi o seu primeiro director. O redactor-xefe era Emilio Canda Pérez e na redacción figuraba Justel. A finais de abril Bartolomé Mostaza cesou na dirección sendo substituído por Emilio Canda.[1] Editou case douscentos números até outubro de 1937, cando cesou a súa publicación, reaparecendo co novo nome de Arco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Compostelano, 29-4-1937, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. pp. 214–216. ISBN 84-505-5721-6.