Bartholomew Price
Bartholomew Price | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1818 |
Lugar de nacemento | Gloucestershire |
Falecemento | 29 de decembro de 1898 |
Alma máter | Pembroke College |
Ocupación | matemático |
Premios | membro da Royal Society |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Bartholomew Price, nado en 1818 na vila de Coln St. Dennis, Gloucestershire, e finado o 29 de decembro de 1898, foi un matemático e educador inglés.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Price comezou os seus estudos superiores de matemáticas no Pembroke College, en Oxford, en 1840, onde conseguiu senllas bolsas universitarias en 1842 e 1844. En 1845 adquiriu a condición de titor e profesor de matemáticas. Ao pouco tempo gozaba xa de moito prestixio como docentee comezou coa publicación dos seus primeiros tratados: Diferencial calculus (1848) e Infinitesimal calculus (en catro volumes, entre 1852 e 1860), que se consideraron como libros de texto principais durante moito tempo.[2]
En 1853 foi nomeado catedrático, posto do que dimitiu en xuño de 1898. A súa actividade pública principal en Oxford estaba relacionada co Hebdomadal Council (o corpo reitor da universidade) e coa editora universitaria Oxford University Press, da que foi secretario durante varios anos. Exercía tamén como conservador da Bodleian Library, bolseiro honorario do Queen's College, gobernador do Winchester College e visitante do Observatorio Real de Greenwich. En 1891, foi elixido director do Pembroke Universidade, dignidade que levaba aparellada a de cóengo da catedral de Gloucester.
En 1889 era un dos accionistas da empresa Silver's, de Silvertown, no leste de Londres, unha puxante compañía de caucho.[3]
Price faleceu en decembro de 1898 e foi enterrado no cemiterio Holywell, en Oxford.[4]
Obras[editar | editar a fonte]
- An essay on the relation of the several parts of a mathematical science to the fundamental idea therein contained (1849). [Texto en liña]
- A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 1: Differential calculus (1857). [Texto en liña]
- A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 2. Integral calculus and calculus of variations. [Texto en liña]
- A Treatise on Infinitesimal Calculus v. 3. Statics attractions, dynamics of material particle. [Texto en liña]
- A Treatise en Infinitesimal Calculus v. 4: The dynamics of material systems (1862). [Texto en liña]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Price, Bartholomew (1818–1898), college head". Oxford Dictionary of National Biography (en inglés). doi:10.1093/ref:odnb/22741. Consultado o 2022-05-10.
- ↑ Chisholm, Hugh (ed.). "Price, Bartholomew". En Encyclopaedia Britannica. 22. Cambridge University Press. 1911. Páxinas 313-314. (En inglés)
- ↑ Tully, John. Silvertown. The Lost Story of a Strike that Shook London and Helped Launch the Modern Labor Movement. Nova York. Monthly Review Press. 2014. [ISBN 9781907103995] (En inglés)
- ↑ "Monthly Notices". Royal Astronomical Society. 1899.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Bartholomew Price". En The Online Books Page. (En inglés)