Barrow, Alasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 71°18′1″N 156°44′9″O / 71.30028, -156.73583

Barrow
Barrow Alaska.jpg
Localización
Barrow en Alasca
Barrow
Barrow
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado deFlag of Alaska.svg Alasca
Xeografía
Altitude3 msnm
Superficie55 km² km²
Demografía
Poboación4.212 (2010) [1]
Densidade96,1 hab/km²
Outros datos
Código postal99723 [1]
AlcaldeRobert Harcharek [2]
http://www.cityofbarrow.org/

Barrow é unha cidade estadounidense situada no estado de Alasca. É o asentamento máis setentrional do América continental. Neste lugar transcorre a acción dos cómics de terror 30 Days of Night, así como a película baseada nestes.[3]

Demografía[editar | editar a fonte]

O 3 de marzo de 2009 a páxina oficial do concello informou que a cidade era a máis grande no condado de North Slope, cunha poboación de 4.429 habitantes, dos cales aproximadamente un 61% eran Inupiats.[2]. Segundo o censo de 2010 a poboación era de 4.212 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Barrow está situado nas coordenadas 71.300371, -156.735840. Ten unha área total de 55 km² dos cales 48 km² son terra firme 7 km² (un 14% do total) son auga. É o punto habitado máis setentrional da América continental.

Historia[editar | editar a fonte]

Base da Forza Aérea en Point Barrow
O Iḷisaġvik College

Na lingua Inupiaq, Barrow é chamado Ukpeagvik, que significa "o lugar onde nos cazamos curuxas da neve".

Os sitios arqueolóxicos da área indican que os Inupiat vivían na nesta zona desde o ano 500. Algúns vestixios de 16 habitacións da cultura Birnirk datados do ano 800 aínda poden ser vistos hoxe na costa do Océano Ártico. A localización preto do nivel do mar pon en risco este sitio arqueolóxico, xa que o risco de erosión é inminente.

A Royal Navy estivo na área para trazar mapas e explorar a costa ártica de América do Norte. O Exército dos Estados Unidos estabeleceu un centro meteorolóxico e magnético no 1881.[2]

En 1888 construíuse unha igrexa presbiteriana e no 1901 abriuse un posto de correos.

No 1935 o famoso humorista Will Rogers e o piloto Wiley Post fixeron unha parada non planeada na baía Walakpa, 24 km ao sur de Barrow, mentres se dirixían para esta cidade. Cando eles engalaron de novo o avión estoupou e caeu nun río, matando os dous ocupantes. O lugar do accidente coñécese agora como Rogers-Post, e nel colocáronse dous monumentos conmemorativos. Ademais do aeroporto de Barrow que recibe o seu nome deste suceso.[2]

Barrow foi incorporada como cidade de primeira clase no 1958.

No 1972 estableceuse o condado de North Slope que trouxo miles de dólares consigo e creou as redes de saneamento, abastecemento de auga, enerxía, estradas, corpo de bombeiros, establecementos sanitarios e educativos a Barrow e as vilas do arredor.[2]

Economía[editar | editar a fonte]

Barrow é o centro económico do borough de North Slope, principal fonte de emprego da cidade, á parte de numerosas empresas que prestan servizos de apoio ás operacións dos campos petrolíferos. As axencias estatais e federais tamén son unha fonte de emprego. O sol da media noite atraeu o turismo e xunto coa venda de artesanía trae moitos ingresos en efectivo.

Moitos residentes dependen das fontes de subsistencia como as baleas, focas, osos polares, morsas, aves acuáticas, caribúes e peixes que capturan nos ríos da costa ou nos lagos próximos.[4]

É a sede da Arctic Slope Regional Corporation.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Está irmandada coa cidade arxentina de Ushuaia, que é a máis meridional de América.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 http://www.city-data.com/city/Barrow-Alaska.html
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2011. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2014. Consultado o 02 de febreiro de 2014. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]