Barita
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Barita | |
|---|---|
Cristais de barita | |
| Información xeral | |
| Fórmula química | BaSO₄ |
| Clase | Sulfatos |
| Sistema cristalino | Rómbico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Incolora, branca, gris, amarela, vermella e azul |
| Brillo | Anacarado |
| Dureza | 3-3,5 |
| Exfoliación | Perfecta |
| Fractura | Concoidea |
| Raia | Branca |
| Densidade | 4,48 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Nickel–Strunz | 13462-86-7 |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A barita (tamén chamada baritina; do grego baros que significa pesado) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é BaSO4 (sulfato de bario).
Aspecto
[editar | editar a fonte]Os cristais de barita son xeralmente tabulares e paralelos á base. Se os cristais tabulares son diverxentes forman o que se chama rosa de barita, moi parecida esteticamente á rosa do deserto do xeso.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]É un mineral moi común. Aparece frecuentemente nos filóns de minerais metálicos da mesma forma que o fai o cuarzo e a calcita.
Usos da barita
[editar | editar a fonte]A barita é a principal fonte de bario. Debido a súa alta densidade (para tratarse dun mineral non metálico) a barita é usada nos lodos de perforación de pozos.
Outros sulfatos
[editar | editar a fonte]Outros sulfatos importantes son a anglesita, a anhidrita, a celestina e o xeso.
