Barcelona. Calidoscopio callejero, marítimo y campestre de Camilo José Cela para el Reino y Ultramar
Barcelona. Calidoscopio callejero, marítimo y campestre de Camilo José Cela para el Reino y Ultramar | |
---|---|
Autor/a | Camilo José Cela |
Ilustrador/a | Federico Lloveras |
Orixe | España |
Lingua | castelán |
Xénero(s) | Libro de viaxes |
Editorial | Editorial Noguera |
Data de pub. | 1970 |
Formato | Tapa dura con forro |
Páxinas | 90 |
ISBN | 978-84-279-6025-5 |
Precedido por | Madrid. Calidoscopio callejero, marítimo y campestre de Camilo José Cela para el Reino y Ultramar |
Seguido por | Nuevo viaje a la Alcarria |
[ editar datos en Wikidata ] |
Barcelona. Calidoscopio callejero, marítimo y campestre de Camilo José Cela para el Reino y Ultramar é un libro de viaxes de Camilo José Cela, publicado en 1970 pola editorial barcelonesa Noguer, con acuarelas de Federico Lloveras.
Trama[editar | editar a fonte]
O libro fala de diversos lugares destacados da vila de Barcelona, como o Monte Tàber, a plaça del Rei, a Catedral, a Plaça Nova, o Palau de la Generalitat, a Igrexa de Santa Maria del Pi, o porto, La Barceloneta, a Ciutadella, Santa Maria del Mar, o museo de Pablo Picasso, o Palau de la Música Catalana, Montjuïc, El Poble-sec, San Pau del Camp, La Rambla, o Hospital de la Santa Creu, a Plaça de Catalunya, La Pedrera, a Sagrada Familia, Pedralbes ou o parque Güell. Remata falando do baile tradicional catalán, a sardana.
Narración[editar | editar a fonte]
A obra está narrada en terceira persoa polo autor, que se fai chamar amanuense, ao entender que o texto lle é ditado. Usa un vocabulario moi rico, con numerosas referencias á lingua catalá e con citas en galego, italiano (un verso de Petrarca).
Fala da historia de Barcelona, e adoito en vez de indicar directamente a cando aconteceron os sucesos, refírese a efemérides que tiveron lugar no mesmo ano. Refírese a numerosos capítulos violentos da historia da cidade, como a Semana Tráxica, mais evitando referirse a que foron conflitos xurdidos por loitas obreiras. Ao tempo, evita referirse ao acontecido na cidade durante a guerra civil. Con todo, malia ser un libro editado durante o Franquismo, cando aínda estaba vixente a censura, hai críticas a feitos acontecidos durante esa época, como certas mudanzas nos nomes de rúas e avenidas.