Bandeira dos hopi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira dos hopi
Bandeira dos hopi
Características
Uso
Proporción2:3
Adopciónxaneiro de 2002
Cores     Turquesa      Branco      Amarelo      Verde      Púrpura      Negro      Marrón

A bandeira dos hopi é utilizada polo pobo hopi de Arizona que vive na reserva Hopi, nos Estados Unidos de América, a cal está rodeada pola Nación Navajo. A bandeira é unha tricolor vertical coas cores turquesa, branco e amarelo, e co símbolo dos hopi no medio.[1] A bandeira vai acompañada dunha franxa vermella.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Localización da reserva Hopi nos condados de Navajo e Coconino en Arizona.

En 2002, Leigh Kuwanwisiwma propuxo un deseño de bandeira para o pobo. As conversas sobre a adopción dunha bandeira xurdiron en 1993, mais a bandeira actual só se adoptou na primavera de 2002. O deseño foi impreso no xornal tribal e fomentáronse os comentarios sobre a bandeira. A bandeira representa o modo de vida hopi e chámase Naatoyla en lingua hopi.[2]

Simbolismo[editar | editar a fonte]

Cores[editar | editar a fonte]

As cores da bandeira dos hopi representan o millo e o modo de vida hopi.

  • Turquesa: Natwani, todos os cultivos tradicionais do pobo hopi, a continuidade de toda a vida e o deber de manter a familia.
  • Branco: Qastiyayngwani, pureza na vida e equilibrio no momento da creación.
  • Amarelo : Sitala, moitas flores, pois cando a vida vexetal se rexuvenece, a terra bendícese con espíritos renovados.[2]

Símbolo hopi[editar | editar a fonte]

O Tuuwaqatsi ou símbolo da terra é o principal símbolo do pobo hopi. Donald Healy fala del no seu libro "Native American Flags":

Centrado na franxa branca hai un anel negro, dividido (norte-sur e leste-oeste) en catro cuartos por unha cruz negra. Dentro de cada un dos cuartos hai un punto negro. Debaixo deste Tuuwaqatsi ou símbolo da terra hai unha representación de montañas en cor marrón. Dos cantos das montañas emerxen dous talos de millo, o principal alimento dos hopis. Sobre todo este símbolo aparece a palabra "HOPI" nunha tipografía negra.
Donald T. Healy, Native American Flags, p. 94

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hopi flag". Consultado o 23 de xullo de 2015. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Donald T. Healy; Peter J. Orenski (2003). Native American Flags. University of Oklahoma Press. pp. 92–94. ISBN 978-0-8061-3556-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]