Bandeira do Amazonas (Colombia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Amazonas
Bandeira do Amazonas
Características
Uso
Proporción13:21
Adopción21 de agosto de 1974
Cores     Verde     Amarelo     Negro     Branco

A bandeira do Amazonas é un dos símbolos oficiais do departamento colombiano[1] dende o 21 de agosto de 1974. O deseño da bandeira componse dunha tribanda horizontal de tres cores con tamaños desiguais, trazos estabelecidos polo Goberno Comisarial, que foi encabezado polo comisionado especial César Moreno Salazar e o Secretario de Goberno José Salazar Ramírez.[2]

Deseño[editar | editar a fonte]

A bandeira componse de cinco franxas horizontais, verde na parte superior, amarelo na parte media e branca na parte inferior, e dúas franxas negras, unha por enriba e outra por debaixo da franxa amarela. As proporcións da bandeira son 21 por 13. A proporción entre as franxas é 180:1:16:1:64.[2] As figuras (de cor negra), as súas posicións e dimensións son as seguintes:

  • A primeira delas atópase na parte superior esquerda da bandeira, xusto na franxa verde, representando un guerreiro indíxena disposto nunha posición de tiro cun arco cara a arriba. Mide 29 cm de longo por 23 cm de alto.
  • A segunda atópase na parte superior dereita, tamén na franxa verde, representando un xaguar saltando en dirección á frecha. Mide 37 cm de longo por 15 cm de alto.
  • A terceira é unha estrela de cinco puntas que se atopa na franxa amarela xusto debaixo da do jxaguar, e representa a cidade de Leticia. Mide 20 cm de longo por 15 cm de alto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gobernación del Amazonas. "Símbolos". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 1 de maio de 2010. 
  2. 2,0 2,1 TodaColombia.com. "Bandera del departamento". Consultado o 20 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]