Bandeira de Cantabria
Bandeira de Cantabria | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 22 de decembro de 1984 |
Cores | Branco Vermello |
A bandeira de Cantabria é un dos símbolos de Cantabria, unha comunidade autónoma de España. As cores da bandeira oficial foron estabelecidas no seu Estatuto de Autonomía. Componse de dúas franxas horizontais iguais, sendo a branca a superior e a vemella a inferior, co escudo da comunidade no seu centro xeométrico.
Historia
[editar | editar a fonte]Cando, por Real Orde de 30 de xullo de 1845, se asignaron as bandeiras que corresponderían ás diferentes matrículas das provincias marítimas de España, todas elas recibiron como contrasinal deseños aleatorios[1] nas cores azul, vermello, amarelo e branco. Algúns autores defenden que non foi así para a provincia marítima de Santander, na cal se respectou a súa bandeira branca e vermella.[2] Segundo as teses dos historiadores que apoiaron a asunción do estandarte branco e vermello da provincia marítima de Santander pola comunidade autónoma de Cantabria, o seu contrasinal é o único en España anterior á Real Orde de 30 de xullo de 1845 que respectou a súa bandeira branca e vermella empregada cando menos dende o século XVIII por barcos e tropas cántabras.[2] Porén, non existe unanimidade ao respecto xa que as evidencias achegadas sobre o seu uso antes da Real Orde foron refutadas por diversos autores con posterioridade.[1][3]
En calquera caso, a bandeira foi amplamente asumida como emblema na rexión, até o punto que a propia cidade de Santander, que posuía bandeira propia branca e azul, chegou a substituíla pola da matrícula marítima, até que na segunda década do século XX, un informe de Fresnedo de la Calzada propiciou un deslinde dos campos, pasándose a usar a branca e azul para a capital e a branca e vermella pola daquela deputación provincial;[2] sendo posteriormente asumida pola comunidade autónoma cántabra.
No ano 2016, atendendo ás reivindicacións de diversos colectivos tanto sociais como políticos, recoñeceuse oficialmente como símbolo representativo e identitario do pobo cántabro unha segunda bandeira que fora desestimada no proceso autonómico, o lábaro cántabro.[4][5]
Outras bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]-
Versión alternativa do lábaro, con dúas cenefas e unha circunferencia rodeando os catro crecentes lunares de Barros.
-
Interpretación moderna do lábaro cántabro (c. 1703).
-
Bandeira de ADIC, proposta na Transición como bandeira oficial de Cantabria xunto ao lábaro e a bandeira actual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sánchez Badiola, Juan José (2010). Vision Net, ed. Símbolos de España y de sus regiones y autonomías: emblemática territorial española (1ª ed.). Madrid. p. 490. 9788498869637.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Casado Soto, José Luis (1985). "Bandera de Cantabria". En Jesús Pindado Usle. Gran Enciclopedia de Cantabria (en castelán) I. Santander: Editorial Cantabria. p. 231. ISBN 84-87934-21-8.
- ↑ Enrique Gutiérrez Cuenca y José Ángel Hierro Gárate (2015). "Mitos de la historia de Cantabria (2): banderas de nuestros padres" (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2017.
- ↑ Boletín Oficial del Parlamento de Cantabria Página 2128 15 de marzo de 2016 Núm. 85
- ↑ El lábaro es reconocido como símbolo del pueblo cántabro
- ↑ "Primeras enseñas españolas (Asturias y León)". Armada Española. Consultado o 28 de decembro de 2008.
- ↑ Banderas de España - José Luis Calvo, Luis Grávalos 1983 Madrid Ed. Sílex
- ↑ "Debido a que o escudo de Santander aparece no centro do seu pano e o lábaro cantábrico nas súas esquinas, non cabe dúbida de que esta bandeira pertenceu a algún dos distintos Corpos que, baixo o nome de "Cantabria". ", formado D. Juan Díaz Porlier a partir de 1809." Trofeos, bandeiras e estandartes do Museo do Exército 1700-1843 - Luis Sorando
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Cantabria |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV.AA.: Gran Enciclopedia de Cantabria. Santander: Cantabria, 1985 (8 tomos) e 2002 (tomos 9, 10 e 11). ISBN 84-86420-00-8