Ban Zhao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ban Zhao
Banzhao.jpg
Nacemento45
Lugar de nacementoEastern Han
Falecemento116
Lugar de falecementoDinastía Han
NacionalidadeEastern Han
Ocupaciónhistoriadora, filósofa, escritora, política, poeta, scholar, bibliotecaria e instructor
PaiBan Biao
CónxuxeCao Shishu
IrmánsBan Gu e Ban Chao
Coñecida porLessons for Women
editar datos en Wikidata ]

Ban Zhao (en chinés: 班昭; Wade-Giles: Pan Chao; 45 - 116 d.C.), tamén coñecida polo nome de cortesía Huiban (惠班), foi a primeira historiadora chinesa. Foi casada con Cao Sishu aos catorce anos de idade e era coñecida na corte polo nome "Venerábel Madame Cao" (曹大家). Era filla dun famoso historiador Ban Biao e irmá máis nova do xeneral Ban Chao e do historiador Ban Gu, autor da historia do 'Western Han", un libro coñecido nos tempos modernos como "Libro de Han". Ban Zhao completou o libro mentres el foi prendido e executado o ano de 92 a. C. debido á asociación da familia coa emperatriz Dou. O traballo dela podería xerar oito volumes.

Ban Zhao escribiu Leccións para Mulleres. A despeito da educación da autora, o libro aconsella as mulleres a seren submissas e aceptar que os maridos poden ter concubinas, e que cando casadas deben ser fieis; aínda que o libro tamén aconselle que as mulleres deban ser educadas e cultas como ela. Unha avaliación moderna do libro indica que o libro é na verdade unha guía para que as mulleres eviten escándalos na xuventude para que vivan tempo suficiente para se tornaren viúvas con poder e status social elevado. Ela tamén escribiu poesía e ensaios, tornándose a máis famosa educadora da China.

Ban Zhao era a tía da académica e poeta Ban Jieyu.

O cráter de Ban Zhao, no planeta Venus, foi nomeado na súa homenaxe.

Familia de Ban Zhao[editar | editar a fonte]

  • Ban Biao (班彪; 3-54; pai)
    • Ban Gu (班固; 32-92; irmán máis vello)
    • Ban Chao (班超; 32-102; segundo irmán)
      • Ban Xiong (班雄; ?-despois de107; irmán máis vello)
      • Ban Shi (班始; ?-130; segundo fillo)
      • Ban Yong (班勇; ?-despois de127; fillo máis novo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Perkins, Dorothy (2000). Encyclopedia of China: The Essential Reference to China, Its History and Culture. Primeira edición (1999) Dorothy Perkins and Roundtable Press. Primeira edición en papel (2000) Roundtable Press, Nova York, N.Y. ISBN 0-8160-2693-9 (hc); ISBN 0-8160-4374-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]