Baluchistán (rexión)
Epónimo | Balúchis (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Xeografía | |||||
Bañado por | Mar Arábigo | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Baluchistán[1] é unha rexión de Asia, repartida entre tres países: o oeste de Baluchistán pertence a Irán (provincia de Sistán e Baluchistán); o norte pertence a Afganistán; e a parte leste, á provincia paquistaní de Baluchistán.
Situación xeográfica
[editar | editar a fonte]No nordeste da rexión elévanse os montes Sulayman, que marcan os límites entre o Baluchistán e o Punjab, en Paquistán. Esta cadea montañosa en forma de arco culmina no pico de Kalifat, de 3487 m de altura, ó leste de Quetta. Estas montañas ábrense cara a chaira de Kacchi a través do porto de Bolan, paso histórico dos comerciantes que facían o traxecto entre Oriente Medio e o subcontinente indio. Na zona descubríronse numerosos xacementos arqueolóxicos antigos (Cultura do val do Indo).
Ao sueste, a cadea montañosa de Khirtar esténdese ata o deserto de Makrán que ocupa a zona costeira do Golfo de Omán. Para rematar, cara ao leste o territorio acaba na fronteira de Karachi, que foi a primeira capital de Paquistán, co chamado "cemiterio de barcos".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de baluchi no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |