Baldur's Gate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baldur's Gate
Desenvolvedor(es)BioWare
Distribuidora(s)Interplay Entertainment
Deseñador(es)James Ohlen
Compositor(es)Michael Hoenig
Lanzamento21 de decembro de 1998
Xénerovideoxogo de rol
Modos de xogovideoxogo multixogador, videoxogo para un xogador e modo cooperativo
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Microsoft Windows e Mac OS Classic
Na rede
https://web.archive.org/web/20070702201631/http://www.bioware.com/games/baldurs_gate/
IMDB: tt0167018 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Baldur's Gate é un videoxogo ambientado no universo de fantasía Reinos Esquecidos de TSR e baseado no xogo de rol Advanced Dungeons & Dragons. Foi desenvolvido pola empresa BioWare.

Baldur's Gate caracterízanse pola amplitude da súa historia e a cantidade de aventuras secundarias presentes. O xogador crea un personaxe ao que se lle unen outros que o xogador controla igualmente, ata completar un equipo de seis aventureiros. As regras axústanse a unha edición lixeiramente modificada das regras da segunda edición de AD&D, e permiten o uso de todas as razas e clases dispoñibles, así como un centenar de feitizos máxicos.

Sinopse[editar | editar a fonte]

O xogador métese no papel dun orfo criado na vila de Candeleiro (Candelkeep) xunto coa súa amiga Imoen polo sabio meigo Gorion. Cousas estrañas empezan a ocorrer na rexión, coñecida como Costa da Espada (Sword Coast): detense a produción de ferro, as mercancías xa manufacturadas desfanse, e aínda dentro dos muros de Candeleiro hai mercenarios á caza do xogador. Gorion ordena recoller algún equipamento básico e marchar a un lugar seguro, pero na metade da viaxe o xogador e o vello meigo son emboscados. A loita termina coa morte de Gorion e empeza o xogo. Coñecer xente coa que se interactúa axudará o xogador a seguir adiante. Tendo máis compañeiros, debe descubrir o segredo da escaseza de ferro.

Requisitos do Sistema[editar | editar a fonte]

Saga[editar | editar a fonte]

A saga de Baldur's Gate componse do propio Baldur's Gate, a súa expansión Baldur's Gate:Tales of the Sword Coast, a súa segunda parte Baldur's Gate 2 e a súa expansión Baldur's Gate 2:Throne of Bhaal.

Recepción[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings92%[1]
Metacritic91/100[2]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
CGSP5/5 estrelas[8]
CGW4/5 estrelas[3]
GameSpot9.2 de 10[4]
IGN9.4 de 10[5]
Maximum PC9 de 10[6]
Next Generation5/5 estrelas[10]
PC Gamer (US)94/100[7]

Premios[editar | editar a fonte]

En 1999 Baldur's Gate gañou o Premio Origins por Mellor Xogo de Rol de Ordenador de 1998, e en 2000 Baldur's Gate: Tales of the Sword Coast gañou o premio de 1999.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Baldur's Gate for PC". GameRankings. CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2010. 
  2. "Baldur's Gate for PC Reviews". Metacritic. CBS Interactive. Consultado o 25 de xullo de 2009. 
  3. Scorpia (1 de abril de 1999). "Baldur's Gate". Computer Gaming World. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2000. Consultado o 17 de maio de 2021. 
  4. "Baldur's Gate Review". GameSpot. CBS Interactive. Consultado o 28 de setembro de 2012. 
  5. Ward, Trent C. (19 de xaneiro de 2012). "Baldur's Gate - BioWare proves that they are more than capable of carrying the AD&D torch". IGN. 
  6. "Baldur's Gate". Maximum PC 4 (6): 90. xuño de 1999. ISSN 1522-4279. Consultado o 27 de xuño de 2010. 
  7. Wolf, Michael (abril de 1999). "Baldur's Gate". PC Gamer US. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2000. Consultado o 19 de abril de 2010. 
  8. Yans, Cindy (26 de xaneiro de 1999). "Baldur's Gate". Computer Games Strategy Plus. Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2005. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  9. "Baldur's Gate". The Electric Playground. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008. 
  10. "Rating; Forgotten Realms: Baldur's Gate". Next Generation (52): 84, 85. abril de 1999. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]