Alicyclobacillus acidocaldarius

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Bacillus acidocaldarius»)

Alicyclobacillus
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
División: Firmicutes
Clase: Bacilli
Orde: Bacillales
Familia: Alicyclobacillaceae
Xénero: Alicyclobacillus
Especie: A. acidocaldarius
Nome binomial
Alicyclobacillus acidocaldarius
Wisotzkey et al. 1992

Alicyclobacillus acidocaldarius (antes chamado Bacillus acidocaldarius) é unha especie de bacteria grampositiva, estritamente aerobia. Estas bacterias son acidófilas, termófilas e producen endósporas. As primeiras cepas identificadas de A. acidocaldarius procedían de géysers do Parque Nacional de Yellowstone e terra de fumarola do Parque Nacional dos Volcáns de Hawai. A especie foi orixinalmente clasificada como Bacillus acidocaldarius en 1971, pero despois, novos estudos sobre o ARNr 16S atoparon que a especie era mellor clasificala no xénero de nova creación Alicyclobacillus. O nome da especie deriva do latín acidum, 'ácido', e caldarius 'da calor', referíndose aos ambientes ácidos e de alta temperatura dos que foi illado.[1][2] Thomas D. Brock foi un dos investigadores que primeiro categorizaron varias especies termófilas; o seu descubrimento de Thermus aquaticus permitiu a outros investigadores descubrir a Taq polimerase e a reacción en cadea da polimerase (PCR).[3]

Unha cepa de A. acidocaldarius foi illado de solos quentados termicamente do Mount Rittmann na Antártida.[4]

A. acidocaldarius está entre as primeiras tres especies reclasificadas desde o xénero Bacillus, onde estaban inicialmente clasificados, ao xénero de nova creación Alicyclobacillus en 1992, xunto con A. acidoterrestris e A. cycloheptanicus.[2]

A temperatura de crecemento óptima para A. acidocaldarius é 60-65 °C, e pode crecer no intervalo 45-70 °C. O pH óptimo é 3,0-4,0, e pode crecer entre o pH 2,0-6,0.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Darland, G; Brock, T. D (1971). "Bacillus acidocaldarius sp.nov., an Acidophilic Thermophilic Spore-forming Bacterium". Journal of General Microbiology 67: 9–15. doi:10.1099/00221287-67-1-9. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Wisotzkey, J. D; Jurtshuk, P; Fox, G. E; Deinhard, G; Poralla, K (1992). "Comparative Sequence Analyses on the 16S rRNA (rDNA) of Bacillus acidocaldarius, Bacillus acidoterrestris, and Bacillus cycloheptanicus and Proposal for Creation of a New Genus, Alicyclobacillus gen. Nov". International Journal of Systematic Bacteriology 42 (2): 263–269. PMID 1374624. doi:10.1099/00207713-42-2-263. 
  3. Brock, Thomas D. "The value of basic research: discovery of Thermus aquaticus and other extreme thermophiles." Genetics 146, no. 4 (1997): 1207.
  4. Nicolaus, Barbara; Improta, Roberta; Manca, Maria C.; Lama, Licia; Esposito, Enrico; Gambacorta, Agata (1998-01-01). "Alicyclobacilli from an unexplored geothermal soil in Antarctica: Mount Rittmann". Polar Biology (en inglés) 19 (2): 133–141. ISSN 1432-2056. doi:10.1007/s003000050224. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.