Bachfest Leipzig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Logo do Bachfest Leipzig.

O Bachfest Leipzig (en galego Festival Bach de Leipzig) é un festival de música que se celebra anualmente na cidade de Leipzig (Saxonia, Alemaña), onde J. S. Bach traballou como Thomaskantor dende 1723 ata a súa morte en 1750.[1][2]

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade acolleu por primeira vez o festival en 1904, organizado pola Neue Bachgesellschaft, e despois formalmente dende 1908. Frecuentemente faise referencia ao festival como Bachwochen (Semanas de Bach) ou Bachtage (Días de Bach). Dende 1999, o festival é organizado polo Bach-Archiv en representación da cidade de Leipzig, que para cada edición propón un tema diferente.[1]

Cada ano hai aproximadamente 100 eventos individuais durante o Bachfest, que comeza co concerto de inauguración dirixido por quen ostente o cargo de Thomaskantor nese momento (actualmente Georg Christoph Biller). O concerto final tradicionalmente é unha interpretación da Misa en si menor de Bach na Thomaskirche (Igrexa de Santo Tomás) de Leipzig.[2]

Temas[editar | editar a fonte]

  • 2004: «Bach und die Romantik» (Bach e a era romántica)
  • 2005: «Bach und die Zukunft» (Bach e o futuro)
  • 2006: «Von Bach zu Mozart» (De Bach a Mozart)
  • 2007: «Von Monteverdi zu Bach» (De Monteverdi a Bach)
  • 2008: «Bach und seine Söhne» (Bach e os seus fillos)
  • 2009: «Bach – MendelssohnReger»
  • 2010: «Bach – SchumannBrahms»
  • 2011: «...nach italienischem Gusto» (... ao gusto italiano).[3]
  • 2012: «...eine neues Lied – 800 Jahre Thomana» (unha nova canción - 800 anos do Thomanerchor).[4]
  • 2013: «Vita Christi» (Vida de Cristo).[5][6]
  • 2014: «Die wahre Art» (A verdadeira arte).[7]
  • 2015: «So herrlich stehst du, liebe Stadt!» (Tan marabillosa estás, querida cidade!)[8]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 bachfestleipzig.de (ed.). "Geschichte des Bachfestes" (en alemán). Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  2. 2,0 2,1 bach-cantatas.com (ed.). "Bach Festivals & Cantata Series Bachfest Leipzig" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  3. Fulker, Rick (17 de xuño de 2011). DW, ed. "«"…according to Italian taste": Leipzig's Bachfest 2011»" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  4. Fulker, Rick (22 de marzo de 2012). DW, ed. "«Celebrating 800 years: St. Thomas Boys Choir»" (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  5. DW, ed. (07 de xullo de 2013). "«Cuestión de fe: Vita Christi. Bach, el quinto Evangelista»" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  6. Corneilson, Paul (29 de xuño de 2013). British Society for Eighteenth-Century Studies, ed. "«"Vita Christi": The Leipzig Bachfest»" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  7. Bach Society Houston (ed.). "«2014 Bach Festival, Leipzig»" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2015. 
  8. bachfestleipzig.de (ed.). "»So herrlich stehst du, liebe Stadt!«" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2015. Consultado o 12 de xuño de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]