BCP-600

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GFO, un satélite baseado no bus BCP-600.

BCP-600 (acrónimo de Ball Aerospace Commercial Platform 600) é un Bus construído pola empresa Ball Aerospace deseñado orixinalmente para misións de clase SMEX (Small Explorer Missions).

Características[editar | editar a fonte]

O bus BCP-600 foi pensado para poder ser usado en moi diferentes tipos de órbita e con calquera instrumentación que requira dun apuntado preciso. A base é un corpo aproximadamente cúbico de grafito e epoxi con paneis con celas hexagonais. Un espazo interior de 55 x 55 x 55 cm pode albergar tanto sensores como propelente adicional. O espazo sobre o corpo principal proporciona un volume duns 101 cm de alto por 112 cm de diámetro se se usa co lanzador Pegasus XL. A enerxía a proporcionan catro paneis solares que se abren radialmente, aínda que se poden configurar noutras posicións. Os paneis alimentan unha batería de hidruro de níquel de 20 A-h de capacidade.

O sistema de control e comando é redundante e o ordenador de a bordo pode ser reprogramado en órbita. O bus conta cun almacenamento de 2 Gbits de datos a bordo. As transmisións fanse en banda S, con velocidades cara terra de ata 2 Mbps e de recepción de ata 2 Kbps. A posición determínase mediante seguidores de estrelas redundantes, unidades de referencia inercial, sensores solares e magnetómetros. O control de posición usa catro volantes de inercia e tres xestores de torque. Tamén pode levar a bordo un sistema de propulsión baseado en hidracina, de 28 kg de capacidade.

Satélites co bus BCP-2000[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Mark Wade (2018). "BCP-600" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Ball: BCP-600" (en inglés). Consultado o 25 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]