Saltar ao contido

Multispectral Thermal Imager

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Multispectral Thermal Imager
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Impulsado por
 Plataforma de satélite
 Tipo de órbita
 Tipo de órbita
Implicados
 Operador/a
Datas
 Lanzamento
12 de marzo de 2000 Editar o valor en Wikidata
Historia
Localización
 Lugar de saída
 País de orixe
Cifras e dimensións
 Masa
Wikidata

MTI (acrónimo de Multi-spectral Thermal Imager) foi un proxecto do Departamento de Enerxía dos Estados Unidos e Oficina de Non Proliferación e Seguridade Nacional co propósito de realizar tarefas de vixilancia de centros nucleares e busca de po relacionado co procesamento de uranio. Foi lanzado o 12 de marzo de 2000 mediante un foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

MTI, baseado no bus BCP-600, pesaba 587 kg ao lanzamento e levaba a bordo sensores para poder observar en 15 bandas espectrais diferentes en lonxitudes de onda visibles e infravermellas. Os sensores tamén fixeron observacións con fins científicos e civís, estudando a atmosfera. Os sensores foron construídos nos Laboratorios Nacionais de Sandia. A bordo tamén viaxaba un espectrómetro de raios X (HXRS, High-energy X-ray Spectrometer), patrocinado pola NOAA e o Instituto Astronómico da República Checa, que observou erupcións solares e tormentas de partículas de alta enerxía.[1][2][3]

  1. 1 2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "MTI (P97-3)" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.
  2. 1 2 NASA (26 de agosto de 2014). "MTI" (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2015.
  3. ↑ "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466). 25 de xaneiro de 2001: 7. Consultado o 12 de marzo de 2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]