Bāy Bāy Ṭabariyya
| Bāy Bāy Ṭabariyya | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Bāy Bāy Ṭabariyya (árabe: باي باي طبريا) é un filme documental palestino de 2023 dirixido por Lina Soualem, e escrito por Soualem e Nadine Naous, en colaboración con Gladys Joujou.[1][2] É unha coprodución entre Palestina, Francia, Bélxica e Qatar. O filme segue a Hiam Abbass, que abandona a súa aldea palestina de Deir Hanna na Baixa Galilea, Israel, para perseguir o seu soño de converterse en actriz, deixando atrás á súa nai, avoa e irmás. Abbass volve á súa aldea, coa súa filla, Soulaem, para explorar as opcións da súa nai e a influencia familiar.
Tivo a súa estrea mundial no 80ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia na sección Giornate degli Autori o 3 de setembro de 2023, e nos cinemas de Francia o 21 de febreiro de 2024. Foi escollido como candidato de Palestina para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wissot, Lauren (11 de setembro de 2023). ""Forgetfulness is Fought with Words": Lina Soualem on Her TIFF-Premiering Doc, Bye Bye Tiberias | Filmmaker Magazine".
- ↑ Saito, Stephen (15 de setembro de 2023). "Interview: Hiam Abbass & Lina Soualem on "Bye Bye Tiberias"". The Moveable Fest.
- ↑ "Oscars best international feature 2024: all the films submitted so far". Screen Daily (en english). 2023-09-25. Arquivado dende o orixinal o 2023-10-16. Consultado o 2023-09-25.