Anxo (xudaísmo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Un anxo (en hebreo: מַלְאָךְ‎, malakh, "mensaxeiro"), segundo a literatura e o pensamento xudía, é un ente sobrenatural, creado pola divindade única e que ten a función principal de enviar mensaxes aos seres humanos. Hai dous tipos de anxos: os temporais, que teñen a existencia limitada ao cumprimento de determinada tarefa, e os permanentes, cuxa existencia está vinculada a unha estrela e están encargados de executar un determinado tipo de actividade, como son o anxo do sol, o escriba celestial ou o anxo da morte.[1][2][3]

Os anxos poden asumir a complexión física, e nesta forma poden actuar de modo similar ao das persoas, poden, por exemplo, falar por medio de palabras audibles ou inxerir alimentos, aínda que non haxa consenso sobre este tema. Tamén é posible que os anxos sirvan de protectores de persoas, de grupos e ata da humanidade enteira. Algúns anxos son chamados polos seus propios nomes e, dentro da liturxia, son convocados para bendicir e, eventualmente, participar dos servizos relixiosos. Segundo a cábala, existen dez clases de anxos e dez deles responsables dunha das dez sefirot, ou emanacións da árbore da vida.[4][5]

Unha das ensinanzas do xudaísmo é que a limitación natural da mente humana impide entender cales son os designios divinos, por iso o resultado das actividades dos anxos pode parecer bo ou malo, e eles posúen libre albedrío.[3][6][7]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra "anxo" xa se utilizaba en galego-portugués e procede do vocábulo latino angelus, e este, á súa vez, é un préstamo do termo grego άγγελος, que foi o termo empregado na Septuaxinta, a tradución da Torá para o grego, no significado preciso de mensaxeiro. O acento de intensidade na palabra e a vocalización da letra "a" proceden da idiosincrasia da lingua grega, que ao dobrar a letra "γ" (gamma) provocaba nalguns casos o efecto de nasalización e o fortalecemento da sílaba.[8]

Malia que se trate dunha palabra grega na súa orixe, naquela lingua o vocábulo introduciuse por medio tamén de préstamo dun termo iránico, que, alén de significar mensaxeiro ou enviado, referíase a unha especie ser espectral do zoroastrismo e, quizais antes deste, das relixións e das crenzas mesopotámicas, nas que se refería a unha clase de divindades inferiores con características de seres alíxeros.[9][10]

Especies e xerarquía[editar | editar a fonte]

Hai dúas especies de anxos: os permanentes e os temporais.[11] Dise que cada palabra de Deus xera un anxo. Afírmase que para cada anxo existe unha tarefa, e que dous anxos non comparten a mesma tarefa. Ou sexa, un anxo só existe para realizar esa tarefa ou acto e, despois de realizado o acto para o cal foi creado, o anxo perde a razón de existir, polo que se extingue.[12]

Por outra banda, sábese que hai anxos, nomeados na Biblia, que existen indefinidamente e que realizan varios actos, o que, en principio, violaría a regra dun anxo, unha tarefa. Entón, os sabios xudeus concluíron que, se un anxo é encargado dun xénero de tarefas, isto é, cando el é encargado de determinado aspecto da existencia do universo e cando el está vinculado a unha estrela, o anxo.[12]

Os anxos e estrelas están intimamente relacionados, os primeiros son como alma para as segundas. Os anxos temporais foron creados o segundo día da Creación, os permanentes, o quinto día, despois da formación das estrelas.[3]

Os anxos agrúpanse en dez escalas, correspondentes ás dez sefirot.[13][14]

Orde Clase Hebreo Tradución Arcanxo Sefirá
1 Chaiot חַיּוֹת Vivos Metatron 'Keter
2 Ofanim אְוּפַּנים Rodas Raziel Chochmá
3 Erelim אראלים Valentes Tsafkiel Biná
4 Chashmalim חשמלים Eléctricos Tsadkiel Chessed
5 Serafim שְׂרָפִים Ardentes Camael Gevurá
6 Melachim מַלְאָכִים Anxos Rafael Tiféret
7 Elohim אלֹהִים Xuíces Haniel Netsach
8 Benei Elohim בֶנֵי אלֹהִים Fillos dos Xuíces Miguel Hod
9 Cheruvim כְּרוּבִים Fortes Gabriel Yessod
10 Ishim אישים Homes Sandalfon Malchut


Notas[editar | editar a fonte]

  1. Veda, Deepak Sankara (2012). Qabalah (en portugués). São Paulo. p. 168. 
  2. Moolenburgh, Hans (2011). A Handbook Of Angels (en inglés). Random House. p. 56. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Matt Slick. "¿Qué enseña la cábala acerca de los ángeles?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de febreiro de 2016. 
  4. Lermen, Núlvio (2010). A árvore da vida: do místico ao quântico (en portugués). São Paulo: Biblioteca 24 horas. p. 15. 
  5. Baruch Davidson. "¿Qué son los ángeles?" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  6. "Pensamiento o voluntad de Di-s?" (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  7. "Kabalá y exodo, parte 5" (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2016. 
  8. "Significado y origen de Ángel" (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  9. Etimología de ángel (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  10. Grzich, Mirna (2011). Anjos (en portugués). Santa Cecília: Leya. p. 23. 
  11. Posner, Menachem. "When were the angels created?" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de2012. 
  12. 12,0 12,1 Kaplan, Arieh (2002). Sefer, ed. Sêfer Ietsirá, o livro da Criação. Teoria e prática. São Paulo. p. 191-200. 
  13. Webster, Richard (2009). Llewellyn, ed. Encyclopedia of angels (en inglés). Minnesota. p. 105. 
  14. "Angels" (DOC) (en inglés). Consultado o 6 de xullo de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]