Uluru

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ayers Rock")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Uluru
Uluru, helicopter view, cropped.jpg
Vista aérea de Uluru
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísAustralia Australia
Localización25°20′42″S 131°2′10″L / -25.34500, -131.03611
TipoCultural
Criterios(iv)
Inscrición1987 (sesión XI)
Rexión da UNESCOOceanía
Identificador447

Uluru (en pitjantjatjara: Uluṟu) tamén coñecido como Ayers Rock,[1] é unha gran formación rochosa de arenita na parte sur do Territorio do Norte, no centro de Australia. Atópase a 355 km da vila máis achegada, Alice Springs, 450 km seguindo a estrada.

Uluru é un lugar sagrado dos pitjantjatjara anangu, os aborixes da área. A zona que arrodea a formación rochosa contén numerosas fontes, así como pozas, covas e pinturas antigas. Uluru é Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Uluru e Kata Tjuta, tamén coñecido como Olgas, son as dúas principais atraccións do Parque Nacional Uluṟu-Kata Tjuṯa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Place Names Register Extract: Uluru/Ayers Rock". Northern Territory Place Names Register. Northern Territory Government. 6 de novembro de 2002. Consultado o 12 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]