Aurelio Víctor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAurelio Víctor
Biografía
Nacementoc. 320 Editar o valor em Wikidata
África Proconsular (provincia romana), Roma Antiga Editar o valor em Wikidata
Mortec. 390 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónGobernador romano , historiador , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 360 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Sexto Aurelio Víctor (Sextus Aurelius Victor, en latín), nado en c. 320 e finado c. 390, foi un historiador e político do Imperio romano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aurelio Víctor foi o autor dunha Historia de Roma desde Augusto a Xuliano o Apóstata (360), publicada cara a 361. Xuliano honrouno nomeándoo prefecto de Pannonia Secunda. Posibelmente é a mesma persoa que se coñece como cónsul no 373 xunto con Valentiniano I.[1] Teodosio, nomeouno prefecto da cidade de Roma no 389.[2]

A data da súa morte é descoñecida pero, seguramente, anterior ao 400. Probabelmente, era pagán.

Obras[editar | editar a fonte]

Fóronlle atribuídas catro obras, con maior ou menor certeza:

  • I. Origo Gentis Romanae; en 23 capítulos, que conteñen os anais da etnia romana dende Xano e Saturno ata a época de Rómulo. Contén moitas historias e tradicións curiosas recollidas, aparentemente, de fontes antigas, e pode considerarse como unha importante contribución á historia lendaria de Roma
  • II. De Viris Illustribus Romae; en 86 capítulos, que comenza co nacemento dos fillos de Marte e Ilia (Rea Silvia) e conclúe coa morte de Cleopatra.
  • III. De Caesaribus; en 42 capítulos, con biografías curtas dos emperadores, desde Augusto a Constancio Cloro.
  • IIII. De Vita et Moribus Imperatorum Romanorum excerpta ex Libris Sex. Aur. Victoris; son 48 capítulos, que principian en Augusto e rematan en Teodosio.[1]

As catro foron publicadas xeralmente de forma conxunta baixo o nome de Historia Romana, pero a cuarta é unha refundición da terceira. A segunda foi a primeira en ser impresa en Nápoles en 1472, en catro tomos, co nome de Plinio o Mozo, e a cuarta en Estrasburgo en 1505.

A primeira edición dos catro libros foi obra de Andreas Schottus (8 volumes, Antuerpen, 1579).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 William, Smith, ed. (1867). Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol III (en inglés). Boston: Little, Brown and Company. p. 1256. 
  2. Amiano Marcelino, XXI,10.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Varios autores (1910-1911). Victor, Sextus Aurelius «Victor, Sextus Aurelius». En Chisholm, Hugh. Encyclopædia Britannica. A Dictionary of Arts, Sciences, Literature, and General information (en inglés) (11.ª edición). Encyclopædia Britannica, Inc.; actualmente en dominio público. 
  • Eutropio / Aurelio Víctor (1999). Breviario. Libro de los césares. Colección: Biblioteca Clásica Gredos (en castelán). Introdución, tradución e notas de Emma Falque. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1993-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]