Saltar ao contido

Atol Maiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atol Maiana
 Nome orixinal
    Maiana (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Bañado por
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.406 (1931) censo
1.425 (1947) censo
1.710 (1968) censo
1.413 (1973) censo
1.688 (1978) censo
2.141 (1985) censo
2.180 (1990) censo
2.184 (1995) censo
2.048 (2000) censo
1.908 (2005) censo
2.027 (2010) censo
1.982 (2015) censo
2.345 (2020) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   16,72 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   3 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF234324728 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0d6m11 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Maiana é un distrito de Kiribati e un atol ao norte das Illas Gilbert. Os lados norte e leste do atol son unha soa illa, mentres que o lado oeste consiste en arrecifes mergullados, e moitos illotes deshabitados, todos ao redor da lagoa. Todo isto rodea a unha lagoa no centro do atol, o cal ten 14 km de longo e é moi estreito, cunha anchura media de menos de 1 km e unha superficie total (incluíndo illotes deshabitados) de 16´72 quilómetros cadrados. Maiana atópase a 44 km ao sur da capital da illa de Tarawa Sur e ten unha poboación de 2.027 habitantes segundo o censo de 2010.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
O atol Maiana pódese ver na parte inferior desta fotografía, coa formación máis grande do Atol Tarawa

A maioría das 2.027 persoas que viven en Maiana viven na illa principal, o pobo máis grande é Bubutei, no extremo sur da illa principal, que é o fogar de 489 persoas e case un cuarto (24%) da poboación total da illa. A poboación de Maiana é máis ou menos estable e ten ao redor de 2.000 persoas desde 1985.[1]

Maiana: Poboación e superficie terrestre
Área censula Poboación 2010[2] Superficie de terra por illote[2] Densidade (habitantes por acre)
Tebikerai 93 61,2 acres (25 ha) 1.5
Tebiauea 211 3 805,6 acres (1 540 ha) 0.5
Raweai 214
Bubutei 489
Tekaranga 139
Tematantongo 164
Aobike 110
Tebanga 264
Temwangaua 115
Toora 115
Tebwangetua 65
Teitai 48
Illotes deshabitados 0 263,5 acres (107 ha) 0
Total Maiana 2,027 4 130,3 acres (1 671 ha) 0.5

O cambio climático

[editar | editar a fonte]

Moitas partes de Maiana sofren a erosión costeira, sendo os pobos de Tekaranga e Tematantongo particularmente os máis afectados. A seca é a outra gran preocupación o fornecemento limitado de auga potable da illa provén enteiramente da auga doce superficial, que se converte en salgada preto da costa, especialmente durante os períodos de seca. Do mesmo xeito que todos os atois de Kiribati, Maiana corre un grave risco co aumento do nivel do mar, xa que ata os pequenos cambios no nivel do mar poden causar unha erosión acelerada e ameazar as infraestruturas, a agricultura e o abastecemento de auga.

Administración

[editar | editar a fonte]
Recinto do Consello Insular de Maiana, Kiribati.

Maiana é administrado por un Consello Insular radicado na aldea Temwangaua. A circunscrición de Maiana elixe a dous representantes na Casa da Asemblea na capital Tarawa Sur.

Desastre do transbordador de Maiana

[editar | editar a fonte]

O 13 de xullo de 2009, o buque Uean Te Raoi II, propiedade da Parroquia Católica de Maiana que viaxaba desde Teaorereke en Tarawa, zozobrou e afundiuse fronte a Maiana coa perda de 35 vidas.[3]

  1. ↑ "Maiana Island Report 2012". Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2013.
  2. 1 2 "Kiribati Census Report 2010 Volume 1" (PDF). National Statistics Office, Ministry of Finance and Economic Development, Government of Kiribati. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-09-30.
  3. ↑ "Beacon could have saved 33 lives in Kiribati accident". NZ Herald. 15 July 2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]