Saltar ao contido

Atlas E

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Atlas E/MSD»)
Atlas E / SM-65E / CGM-16E
FunciónICBM / lanzador orbital.
Tamaño
altura28,10 m[1]
diámetro3,05[1]
masa121.000 kg[1]
Etapas1
Carga LEO
masa820 kg[1]
foguetes derivados
FamiliaAtlas[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCabo Cañaveral, Base Vandenberg da Forza Aérea[1][2]
Total de lanzamentos34[1][2]
fallos13[1][2]
Voo inaugural11 de outubro de 1960[1][2]
Último voo18 de abril de 1968[1][2]
Acelerarores – Atlas MA-3[1]
diámetro4,90 m[1]
masa cheo3174 kg[1]
impulsado por1 LR-89-5[1]
potencia máxima1644,960 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico256 s (a nivel do mar), 290 s (no baleiro)[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
Primeira etapa – Atlas E[1][2]
altura20,12 m[1]
diámetro3,05 m[1]
masa baleiro4926 kg[1]
masa cheo117.826 kg[1]
impulsado por1 LR-105-5[1]
potencia máxima386,3 kN (no baleiro)[1]
Impulso específico214 s (a nivel do mar), 316 s (no baleiro)[1]
propelenteOxíxeno líquido e queroseno[1]
editar datos en Wikidata ]


Atlas E, tamén coñecido co código SM-65E, foi un mísil balístico intercontinental usado tamén como lanzador orbital pertencente á familia de foguetes Atlas, formada en primeiro lugar por mísiles e máis tarde por foguetes espaciais. Foi a primeira versión plenamente operativa do mísil.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O Atlas E, unha versión mellorada do Atlas D, foi o primeiro Atlas operativo como mísil e foi despregado entre 1960 e 1966. Despois de ser retirados os mísiles foron usados como lanzadores orbitais. Usaba unha oxiva de reentrada Mk4 máis precisa e un sistema de propulsión (MA-3) mellorado. O sistema de guiado proporcionáballe un CEP de 600 m. Unha vez despregado estaba algo mellor protexido que o Atlas D, usando caixóns semienterrados para almacenalo durante a espera da orde de disparo. As versións modificadas para lanzamentos espaciais usaban guiado por radio (en lugar de guía inercial como nos mísiles), semellante ao dos Atlas D, e novos ordenadores de estado sólido con interface directa ao radar do foguete. Algúns foguetes Atlas usarían partes escollidas tanto do Atlas E como do Atlas F para acomodarse a misións espaciais concretas. Algúns dos Atlas E foron dotados do módulo MSD (Multiple Satellite Dispenser) para lanzar tripletes de satélites de recoñecemento NOSS 1.[1][2][3][4]

Variantes

[editar | editar a fonte]

Atlas E Altair

[editar | editar a fonte]

O Atlas E Altair (ou Atlas-E/-F Altair-3A) foi unha variante do Atlas E cunha segunda etapa formada por un foguete Altair 3 (tamén coñecida como Star 20). Foi lanzada unha única vez, con éxito, o 11 de abril de 1990, cos satélites POGS, SSR, TEX, SCE e PDD a bordo.[5][6]

Atlas E MSD

[editar | editar a fonte]

O Atlas E MSD foi unha variante cunha segunda etapa MSD. Foi lanzada unha soa vez, rematando en fracaso, o 9 de decembro de 1980.[7][8]

Atlas E OIS

[editar | editar a fonte]

O Atlas E OIS usou unha segunda etapa OIS (coñecida tamén como Star 27). Foi lanzada unha única vez, con éxito, o 13 de marzo de 1985.[9][10]

Atlas E SGS-2

[editar | editar a fonte]

Os catro Atlas E SGS-2 usaban unha segunda etapa Star 48, coñecida tamén como SGS-2 ou SVS-2. Os catro lanzamentos, que tiveron lugar entre 1983 e 1985, foron exitosos e puxeron en órbita satélites do sistema GPS.[11][12]

Atlas E SVS

[editar | editar a fonte]

Lanzouse un só Atlas E SVS, fallado, usando unha segunda etapa Star 37E, coñecida tamén como SVS-1, o 19 de decembro de 1981.[13][14]

Atlas E Trident

[editar | editar a fonte]

Os dous Atlas E Trident que se lanzaron, ambos con éxito e en 1968, usaban unha segunda etapa Trident e foron utilizados en misións suborbitais para probar vehículos de reentrada atmosférica.[15][16]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] Data[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] Sitio de lanzamento[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] Carga[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] Resultado[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14] Notas[1][15][5][7][9][11][13][2][3][4][16][6][8][10][12][14]
1 11 de outubro de 1960 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Fallo Primeiro lanzamento dun Atlas E.
2 30 de novembro de 1960 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Fallo
3 24 de xaneiro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Fallo
4 24 de febreiro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
5 14 de marzo de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Fallo
6 25 de marzo de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Fallo
7 13 de maio de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
8 26 de maio de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
9 7 de xuño de 1961 Vandenberg Lanzamento de probas. Fallo
10 23 de xuño de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
11 7 de xullo de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
12 31 de xullo de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
13 9 de setembro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
14 2 de outubro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
15 5 de outubro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
16 10 de novembro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Fallo
17 22 de novembro de 1961 Cabo Cañaveral F-R/D / SPP 3 / SSP 22 Éxito
18 1 de decembro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
19 20 de decembro de 1961 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
20 13 de febreiro de 1962 Cabo Cañaveral Lanzamento de probas. Éxito
21 1 de marzo de 1962 Vandenberg Lanzamento de probas. Éxito
22 13 de xullo de 1962 Vandenberg Lanzamento de probas. Fallo
23 18 de decembro de 1962 Vandenberg NTMP K-4 Fallo
24 24 de abril de 1963 Vandenberg Lanzamento de probas. Éxito
25 4 de xuño de 1963 Vandenberg Lanzamento de probas. Éxito
26 3 de xullo de 1963 Vandenberg Lanzamento de probas. Éxito
27 26 de xullo de 1963 Vandenberg Lanzamento de probas. Fallo
28 30 de xullo de 1963 Vandenberg Lanzamento de probas. Éxito
29 24 de agosto de 1963 Vandenberg NTMP Éxito
30 25 de setembro de 1963 Vandenberg Lanzamento de probas. Fallo
31 12 de febreiro de 1964 Vandenberg Lanzamento de probas. Fallo
32 25 de febreiro de 1964 Cabo Cañaveral ABRES WAC-3 / SPP 18 Éxito
33 27 de agosto de 1964 Vandenberg Lanzamento de probas. Fallo
34 6 de marzo de 1968 Vandenberg Proba suborbital RMP-B 6 Éxito Variante Atlas E Trident.
35 18 de abril de 1968 Vandenberg ABRES RVTO-1A-1 Éxito
36 27 de abril de 1968 Vandenberg Proba suborbital RMP-B 7 Éxito Variante Atlas E Trident.
37 9 de decembro de 1980 Vandenberg NOSS 4A / NOSS 4B / NOSS 4C / MSD 4 / LIPS 1 Fallo Variante Atlas E MSD
38 19 de decembro de 1981 Vandenberg GPS 7 Fallo Variante Atlas E SVS.
39 14 de xullo de 1983 Vandenberg GPS 8 Éxito Variante Atlas E SGS-2.
40 13 de xuño de 1984 Vandenberg GPS 9 Éxito Variante Atlas E SGS-2.
41 8 de setembro de 1984 Vandenberg GPS 10 Éxito Variante Atlas E SGS-2.
42 13 de marzo de 1985 Vandenberg Geosat Éxito Variante Atlas E OIS.
43 9 de outubro de 1985 Vandenberg GPS 11 Éxito Variante Atlas E SGS-2.
44 11 de abril de 1990 Vandenberg POGS / SSR / TEX / SCE / PDD Éxito Variante Atlas E Altair.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 1,28 1,29 1,30 1,31 1,32 1,33 1,34 1,35 Mark Wade (2018). "Atlas E" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2018. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E (SM-65E / CGM-16E) ICBM" (en inglés). Consultado o 23 de xuño de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "MSD" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F MSD" (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Mark Wade (2022). "Atlas E Altair" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F Altair-3A" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/MSD" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F MSD" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/OIS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 10,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F OIS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/SGS-2" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F SGS-2 (Atlas-E/-F SVS-2)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/SVS" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 14,5 14,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F SGS-1 (Atlas-E/-F SVS-1)" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 15,5 15,6 Mark Wade (2022). "Atlas E/Trident" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Atlas-E/-F Trident" (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]