Altair 3
Aparencia
País de orixe | Estados Unidos[1] |
---|---|
Fabricante | Thiokol[1] |
Aplicación | Etapa final[1] |
Estado | Fóra de produción[1] |
Motor de propelente sólido | |
Carcasa | Fibra de vidro[1] |
Tobeira | Grafito, plástico e aceiro[1] |
Rendemento | |
Pulo | 27,14 kN[1] |
Impulso específico | 287 s[1] |
Tempo de acendido | 28 segundos[1] |
Dimensións | |
Diámetro | 0,50 m[1] |
Peso seco | 28 kg[1] |
Usado en | |
Thor Burner 1, Scout B, Scout B1, Scout D1, Scout E1, Scout F1, Atlas F/MSD, Scout G1, Atlas E/MSD |
O motor foguete Altair 3, tamén coñecido como Star 20 e TE-M-640-1, foi un motor de propelente sólido desenvolvido por Thiokol. Tiña un impulso específico de 287 segundos, cun pulo de 27,14 KN e unha masa de 28 kg baleiro. Medía 0,50 m de diámetro, funcionando durante 28 segundos. O propelente consistía en CTPB contido nunha carcasa de fibra de vidro e epoxi. A tobeira estaba construída en grafito, plástico e aceiro. Foi usado como última etapa dos foguetes Thor Burner 1, Scout B, Scout B1, Scout D1, Scout E1, Scout F1, Atlas F/MSD, Scout G1 e Atlas E/MSD.[1]