Naval Ocean Surveillance Satellites 1
Naval Ocean Surveillance Satellites 1 ou Naval Ocean Surveillance System 1 (NOSS 1), tamén coñecidos como Parcae e White Cloud, foi unha serie de satélites de recoñecemento electrónico para a localización de buques por triangulación dos seus sinais electromagnéticos.[1][2]
Características[editar | editar a fonte]
Os satélites NOSS 1 eran lanzados en tripletes de tal xeito que unha vez en órbita podían triangular navíos pola detección das súas emisións de radar. Os satélites foron desenvolvidos polo Laboratorio de Investigación Naval (NRL) baseándose na experiencia cos satélites Grab e Poppy. Para lanzalos usáronse foguetes Atlas E, Atlas F e Atlas H modificados para poder orbitar múltiples cargas. Tódolos lanzamentos se fixeron desde a base Vandenberg da Forza Aérea. Unha vez en órbita cada triplete de satélites voaba en formación, formando un triángulo cunha separación entre satélites de entre 30 e 240 km. Cada satélite estabilizábase mediante gradente gravitatorio grazas a un mastro de 15 m de longo, asegurando que as antenas de cada satélite apuntaran sempre cara terra. Aos NOSS 1 lles seguiron os NOSS 2.[1][2]
Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Parcae 1A (NOSS 1A) | 30 de abril de 1976 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 1B (NOSS 1B) | 30 de abril de 1976 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 1C (NOSS 1C) | 30 de abril de 1976 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 2A (NOSS 2A) | 8 de decembro de 1977 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 2B (NOSS 2B) | 8 de decembro de 1977 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 2C (NOSS 2C) | 8 de decembro de 1977 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 3A (NOSS 3A) | 3 de marzo de 1980 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 3B (NOSS 3B) | 3 de marzo de 1980 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 3C (NOSS 3C) | 3 de marzo de 1980 | Atlas-F MSD | Éxito |
Parcae 4A (NOSS 4A) | 9 de decembro de 1980 | Atlas-E MSD | Fallo |
Parcae 4B (NOSS 4B) | 9 de decembro de 1980 | Atlas-E MSD | Fallo |
Parcae 4C (NOSS 4C) | 9 de decembro de 1980 | Atlas-E MSD | Fallo |
Parcae 5A (NOSS 5A) | 9 de febreiro de 1983 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 5B (NOSS 5B) | 9 de febreiro de 1983 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 5C (NOSS 5C) | 9 de febreiro de 1983 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 6A (NOSS 6A) | 9 de xuño de 1983 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 6B (NOSS 6B) | 9 de xuño de 1983 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 6C (NOSS 6C) | 9 de xuño de 1983 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 7A (NOSS 7A) | 5 de febreiro de 1984 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 7B (NOSS 7B) | 5 de febreiro de 1984 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 7C (NOSS 7C) | 5 de febreiro de 1984 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 8A (NOSS 8A) | 9 de febreiro de 1986 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 8B (NOSS 8B) | 9 de febreiro de 1986 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 8C (NOSS 8C) | 9 de febreiro de 1986 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 9A (NOSS 9A) | 15 de maio de 1987 | Atlas-H MSD | Éxito |
Parcae 9B (NOSS 9B) | 15 de maio de 1987 | Atlas-H MSD | Éxito |