Atelecyclus undecimdentatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dormiñón común
Atelecyclus undecimdentatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Superfamilia: Cancroidea
Familia: Atelecyclidae
Xénero: Atelecyclus
Especie: Atelecyclus undecimdentatus
(Herbst, 1783)

Atelecyclus undecimdentatus é unha especie de caranguexo da familia Atelecyclidae.[1][2][3] Como nome común ten o de durmiñón,[4] dormiñón ou dormiñón común.[5]

Descrición[editar | editar a fonte]

O corpo deste caranguexo é bastante peludo, cunha cor crema pálida, con marcas púrpuras pola carapa. A carapa ten unha textura lisa e un bordo de longos peliños. É máis ancho que longo, medrando até 5 cm longo e 6,3 cm de ancho. As marxes laterais poteriores converxen fortemente.[6]

Atelecyclus undecimdentatus está a miúdo moi sucio, o que pode alterar a súa aparencia. Ten unhas antenas curtas, sendo só sobre un cuarto da lonxitude da carapa. As pinzas son similares, con pencas negras. Ambas máis as patas teñen moitos peliños.[6]

Este caranguexo é ás veces cofundido co Atelecyclus rotundatus. Con todo, Atelecyclus rotundatus distínguese por ser a súa carapa máis estreita e máis lisa.[7]

Distribución[editar | editar a fonte]

Esta especie atópase nas costas do océano Atlántico, pola Canle da Mancha, e raramente no mar Mediterráneo.[6]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Atelecyclus undecimdentatus normalmente vive en augas ao redor de 30 metros de profundidade, nos fondos de xabre, ás veces baixo rochas.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Charles Fransen & Michael Türkay. "Atelecyclus undecimdentatus (Herbst, 1783)". World Register of Marine Species. Consultado o 27 de maio de 2012. 
  2. "Atelecyclus undecimdentatus - Marine Life Encyclopedia". Habitas.org.uk. Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  3. "Photo of Atelecyclus undecimdentatus - # - Arthropod biology". European Marine Life. Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  4. Definición de Atelecyclus undecimdentatus no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 8 de xullo de 2022.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 security. "DORIS - FFESSM - Biologie et plongée - Faune et flore sous-marines et dulcicoles". Doris.ffessm.fr. Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  7. "The Marine Life Information Network". MarLIN. Consultado o 18 de xullo de 2012.