Atás, Cualedro
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Atás.
| Atás | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Atás. | |
| Concello | Cualedro[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°01′24″N 7°34′09″O / 42.02338344, -7.56903174 |
| Poboación | 146 hab. (2011) |
| Entidades de poboación | 3[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Atás é unha parroquia do concello de Cualedro, na comarca de Verín. Segundo o IGE en 2011 tiña 146 habitantes (78 homes e 68 mulleres).
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Idade Media, Atás estivo baixo a xurisdición de Celanova. Consérvase a casa reitoral, que foi en tempos un cenobio dependente da casa matriz. Os beneditinos (ou bieitos, como son coñecidos na zona) contribuíron ó avance económico e tecnolóxico do traballo do campo, establecendo métodos de explotación cun gran grao de colectivización e construíndo infraestruturas de regadío, como o chamado "caño de Chamusiños", que aínda se pode atopar malia que estea en moi mal estado.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Amais da igrexa parroquial existe a ermida da Nosa Señora da Saúde[2] cun cruceiro no adro.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vista da igrexa de Atás.
- Ermida da Nosa Señora da Saúde.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Atás
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Atás no concello de Cualedro (Ourense) | |
|---|---|
Parroquias de Cualedro
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ Ermida da Nosa Señora da Saúde na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Cruceiro da ermida da Saúde de Atás na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.