Asturiano central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa lingüístico de Asturias. Asturiano central identificado como C2 no mapa.

O asturiano central é considerado o modelo de lingua escrita e, teoricamente, é o que posúe maioría de falantes da lingua asturiana, aínda que outros lingüistas afirman que é o asturiano occidental o que ten máis falantes, ademais de maior extensión e, que en Asturias, é o que permaneceu máis invariable ao longo do tempo.

Características[editar | editar a fonte]

  • Conserva a "f-" latina, fronte ao oriental no que se aspira: fame, fumu (ast. or. ḥame, ḥumu)
  • Os ditongos decrecentes xa están monotongados: cosa, carpinteru
  • Os femininos plurais fanse con -"es": les cases, les vaques
  • Ditongación de "o" única: puerta
  • Palatalización, como o resto do asturleonés, de "l" inicial latina semellante á catalá: lluna, llobos.
  • Posúe tres terminacións para masculino, feminino e neutro, pero existe o chamado "neutro de materia", aplicado a substantivos incontables, polo que existe unha concordancia especial: l'home vieyu, la muyer vieya, lo vieyo; un fierru (un pedazo concreto de ferro, unha barra, masculino), el fierro ("en Vizcaya hai muncho fierro", a materia en xeral, neutro), la xente mozo, la xente vieyo, la ropa sucio, el tiempu malo, el lleche cuayao, el pañu bono (neutro de materia).

Nalgunhas comarcas de Asturias (fundamentalmente na zona de Carreño, Gozón, Mieres, Lena, Aller, Riosa, Morcín e parcialmente Langreu) consérvase, aínda que en claro retroceso, un fenómeno antigamente máis estendido por todo o dominio lingüístico, que é a metafonía vocálica, consistente en que o timbre pechado da vocal final provoca o peche da sílaba anterior, producindo A > E (tamén A > O), E > I e O > U. Esta metafonía, como é lóxico, só a produce o masculino singular: guetu (ou tamén gotu), gata, gatos, gates; pirru, perra, perros, perres; utru, otra, otros, otres.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]