Asturiano oriental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa lingüístico de Asturias. Asturiano oriental identificado como C3 no mapa.

O asturiano oriental é unha variante da lingua asturiana que comparte algunhas características co montañés de Cantabria, constituíndo este un estadio máis próximo ao castelán, con características que antigamente se deron nesta última lingua. Segundo os lingüistas este dialecto fálase entre o río Sella e a fronteira con Cantabria mesmo internándose nesta comunidade.

Características[editar | editar a fonte]

  • Peche da -a final en -e: puerte, vieye, cerque... (puerta, vieya, cerca)
  • Peche (nalgunhas zonas máis que noutras) da e en -i: llechi, ḥuenti (lleche, fonte)
  • Plural en -as: las cabañas, las ñeñas, los parllamentaristas (les cabañes, les neñes)
  • Aspiración da 'f' latina: ḥariñe, aḥumáu, ḥitu (fariña, afumáu, fitu)
  • As palabras que comezan por n- fano en ñ-: ñuestru, ñuevas (nuesu, nueves)
  • Posesivos mi, tu, su, ñuestru, vuestru (mio, to, so, nuesu, vuesu)
  • Pronomes átonos mi, ti; diomi, frayóti (diote, frayóte)
  • Terminación do neutro en -u: materie primu, ḥariñe blancu (materia primo, fariña blanco)
  • Cambia a forma bue por güe: güenu (bonu)
  • Aspiración da 'f' nos ditongos en 'ue': ḥuercie, ḥuenti (fuercia, fonte)
  • Conxugación irregular dalgúns verbos como ser: ero llaniscu (soi llaniscu no normativo) ou Lluis e llaniscu (Lluis ye llaniscu no normativo)
  • Conservación nalgunhas falas (Cabrales) do ditongo primitivo /uo/: huonti, puorte, guoyu, buo.

Na zona máis occidental deste dominio consérvase o plural feminino en -es (les cases), pero convértese -as na parte central e oriental. Probablemente noutras épocas 'les cases' pronunciábase máis cara ao leste (a proba é o topónimo Llanes).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]