Saltar ao contido

Astilo de Crotone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAstilo de Crotone
Biografía
Nacementoséculo VI a. C. Editar o valor en Wikidata
Crotone, Italia Editar o valor en Wikidata
Morteséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Crotone, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta, corredor Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Descrición de Grecia, (sec:6.13.1) Editar o valor en Wikidata

Astilo de Crotone (en grego antigo: Ἄστυλος ou Ἀστύαλος), nado en Crotone no século VI a.C. e finado en Siracusa despois do 480 a.C., foi un atleta da Grecia antiga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Astilo triunfou en tres edicións consecutivas dos Xogos Olímpicos da Antigüidade, do ano 488 ao 480 a.C. En 488 a.C. competiu pola súa cidade natal, Crotone, e gañou na proba do agón do estadio e no diaulo, sendo o último atleta de Crotone en gañar os Xogos Olímpicos.

A continuación, nos Xogos do 484 a.C. e do 480 a.C., participou como cidadán de Siracusa, obtendo cinco vitorias olímpicas: dúas no estadio, dúas no diaulo e unha no hoplitódromo ou carreira con armas.

Segundo Pausania, Astilo competiu como cidadán siracusano para agradar ao tirano Hierón I.[1] Non obstante, cómpre ter en conta que no 484 a. C., así como no 480 a. C., o tirano de Siracusa era Gelón I (e seríao ininterrompidamente ata o 478 a.C.), mentres o seu irmán Hierón I aínda era tirano de Gela, por iso parece imposible que Astilo competise por Hierón como líder da polis siciliota. A fonte principal neste caso pódese considerar incorrecta ou polo menos ambigua.[2]

Os crotonianos non aceptaron este cambio de cidade, ata o punto de destruíren a estatua de Astilo que se erguera no templo de Hera Lacinia, alegando que fora corrompido pola cidade siciliana para competir baixo o seu nome.

  1. Pausanias. "VI, 13, 1" (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2021. 
  2. Punzo 2004, p. 145.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Punzo, Gianluca (2004). "Il caso di Sibari e Crotone". Le città della Magna Grecia e i loro Campioni (en italiano). Edizioni del Convento. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]