Saltar ao contido

Associació Esportiva Manacor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fisiomedia Manacor
NomeAssociació Esportiva Manacor
Fundación1998
EstadioPalma Arena
Palma, España España
Inauguración2007
Capacidade5.800
Presidenteespañol Miquel Jaume
Adestradorespañol José Lucas Mena
LigaDivisión de Honra (LNFS)
2009-101º División de Prata (ascenso)
VestimentaUmbro
PatrocinadorFisiomedia
Na rede
http://www.manacorfutbolsala.com/
Titular
Alternativo

A Associació Esportiva Manacor ou Fisiomedia Manacor por motivos de patrocinio, é un equipo español de fútbol sala da localidade de Manacor, Mallorca (Illas Baleares). Foi fundado en 1998 e actualmente xoga na División de Honra da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

A A.E. Manacor fundouse o 14 de xullo de 1998 baixo a presidencia de Miquel Jaume Roig. O club debutou en Primeira Nacional "B" na tempada 1998-99, e no seu debut conseguiu tanto o ascenso como a Copa de España da categoría. Un ano despois, o club manacorí rematou campión do seu grupo en Primeira "A", polo que tardou unicamente dúas tempadas en acadar a División de Prata.

Aínda que no seu ano de debut Manacor conseguiu clasificarse na terceira posición do seu grupo, a aclimatación á División de Prata foi complicada, e durante varios anos o equipo lindou cos postos de descenso. A partir da tempada 2005-06 corrixiuse a situación, coa contratación do exfutbolista internacional José Lucas Mena "Pato" como técnico. O club aumentou o seu presuposto, e contratou a xoves promesas e xente experimentada na División de Prata. A profesionalización do equipo mellorou os resultados, e a A.E. Manacor converteuse nun aspirante ao ascenso.

Na tempada 2006-07, Manacor finalizou en segunda posición e xogou os playoffs polo ascenso, onde caeu ante o Leis 26 Pontevedra. Unha tempada despois, o club manacorí rematou líder na liga regular e conseguiu o ascenso á División de Honra por primeira vez na súa historia. Na nova categoría permaneceu nada máis que un ano, xa que na tempada 2008-09 o equipo finalizou na última posición.

A pesar de todo, o conxunto manacorí permaneceu só unha tempada na segunda categoría, xa que finalizou a liga regular como líder do seu grupo. Aínda que non puido proclamarse campión da categoría por perder fronte ao Grupo de Empresas Talavera, o equipo derrotou nas seguintes fases ao UPV Maristas e ao Puertollano Restaurante Dacho. Actualmente o equipo xoga no Palma Arena de Palma, mentres se remodela o Municipal Miguel Ángel Nadal de Manacor.

Cadro de xogadores da tempada 2010-2011

[editar | editar a fonte]
Posto País Xogador
1 Porteiro España Toñete
2 Á España Joselito
4 Á España Toni Rosselló
5 Á España Joan Zapatillas
6 Pivote Paulinho
7 Peche España Jesús Illán
8 Á España Juan Carlos
Posto País Xogador
11 Á España Miguelín
12 Porteiro España Chus
15 Porteiro España Rafa Blanquer
17 Á España Vega
18 Pivote Amas
21 Peche España José Ruíz

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]