Asier ETA biok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Asier ETA biok
Ficha técnica
Título orixinalAsier ETA biok
DirectorAitor Merino
Amaia Merino
ProdutorAinhoa Andraka
Gabriela Calvache
GuiónAitor Merino
Amaia Merino
IntérpretesAitor Merino
Asier Aranguren
MúsicaAlex Alvear
FotografíaAitor Merino
MontaxeAmaia Merino
Ainhoa Andraka
EstudioDoxa Producciones (España)
Cineática Films (Ecuador)
Estrea2013
OrixePaís Vasco País Vasco
Ecuador
XéneroDocumental[1]
Orzamento54 085 [2]
Recadación154 419 [3]
Na rede
IMDB: tt3183716 Filmaffinity: 254642 Allmovie: v603675 Editar o valor em Wikidata

Asier ETA biok é un filme documental vasco-ecuatoriano[4] de 2013 que trata sobre a amizade entre o director do filme Aitor Merino co membro da organización terrorista ETA Asier Aranguren.[5] O filme foi gañadora do premio Irizar ao Cinema Vasco no Festival Internacional de Cinema de Donostia de 2013.[6][2]

O título do filme en éuscaro Asier ETA biok é un xogo de palabras, pois a palabra “eta” non soamente é o acrónimo desa organización senón que ademais equivale, nese idioma, á partícula copulativa “e” en galego.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Asier e Aitor son dous mozos que se coñeceron na ikastola e medran xuntos no País Vasco dos anos 80. Ao cabo duns anos, Aitor foise a Madrid a cumprir o seu soño de ser actor mentres que Asier, tras a marcha do seu amigo, ingresa na banda terrorista ETA. O filme, que trata sobre certos xuízos de valor, tenta explicar como unha persoa pode ser amigo dun etarra sen compartir as afinidades da banda armada e como afrontar esta situación ante terceiras persoas.[7]

Dirección e protagonistas[editar | editar a fonte]

O codirector Aitor Merino traballou en numerosos filmes e con varios artistas como Montxo Armendáriz, Vicente Aranda ou Pilar Miró. O seu primeiro filme é a curtametraxe El pan nuestro, que foi nomeado nos Premios Goya en 2008.[8] A súa irmá e codirectora Amaia Merino é guionista e editora de documentais en Ecuador, traballando en máis de dez longametraxes.[4]

O protagonista, Asier Aranguren, é un exmembro de ETA que estivo en prisión durante oito anos e que, tras a súa saída do cárcere, pasou a incorporarse ao grupo da esquerda abertzale de interlocutores do colectivo de presos de ETA, xunto a Arantza Zulueta, entre outros, para atopar unha solución ao conflito vasco. Aitor, amigo da infancia de Asier, propúxolle crear un filme biográfico baseada na súa amizade a pesar das actividades terroristas deste.[9]

Elenco[editar | editar a fonte]

Ademais dos seus dous protagonistas principais, no filme tamén aparecen Juan Diego Botto, Pilar Castro e Guillermo Toledo,[10] amigos do director que expoñen o seu punto de vista como persoas alleas ao conflito.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Asier ETA Biok (Asier y yo)". El País. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Patricia Villarruel (24 de setembro de 2013). "Filme ecuatoriano español en festival". El Universo. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  3. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Goberno de España. "Asier ETA biok". Catálogo de cine español. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 "Asier ETA biok". Verkami. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  5. "Días de cine: 'Asier ETA biok' (Asier y yo)". Radiotelevisión Española RTVE. 17 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  6. José Belló Aliaga (17 de xaneiro de 2014). "“Asier y yo”, de Aitor y Amaia Merino, ganadora del Premio Irizar al Cine Vasco en la 61ª edición del Festival de San Sebastián". La Comarca de Puertollano. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  7. "Asier ETA biok (Asier y yo)". Film Affinity. 11 de xuño de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  8. "Aitor Merino". Verkami. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  9. "Detenido el protagonista del documental 'Asier ETA Biok'". El Mundo. 9 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  10. "Asier ETA biok (2013). Full Cast & Crew". IMDb. Consultado o 22 de setembro de 2014.