Ashikaga (足利市, あしかがし, Ashikaga-shi) é un concello xaponés da prefectura de Tochigi. En 2009 estimábase a súa poboación en 156.328 persoas. O Clan Ashikaga que foi de aquí rexeu Xapón como shogunato de Ashikaga bakufu en Kyoto entre os séculos XIV e XVI. A Ashikaga Gakko (足利学校) é a escola máis antiga do Xapón.