As moscas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As moscas
Autor/aJean-Paul Sartre
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Xénero(s)obra de teatro
Data de pub.1947
editar datos en Wikidata ]

As moscas é unha obra de teatro escrita por Jean-Paul Sartre no ano 1943. É unha das súas obras máis destacadas. A obra narra a historia de Electra e o seu irmán Orestes que buscan a vinganza de Agamenón o seu pai, morto a mans de Clitemnestra e Existo.

Contexto da obra[editar | editar a fonte]

Na obra, Sartre sitúa o drama en Argos como se Argos fora a Francia da ocupación cunha Electra que se constitúe nun paradigma de integridade moral, no cal se nega a negociar os seus principios á maneira de que aqueles escollen asumir unha existencia auténtica, aqueles seres que como o filósofo francés, proxéctanse na busca dun humanismo ateo, que eles mesmos representan, ela non pacta coa coa corrupción, senón que insiste no seu desexo de xustiza, liberdade e felicidade aínda que isto a enfronte co absurdo.

A intención de Sartre ao escribir a obra era dar unha práctica da súa resistencia intelectual, así fora unha obra rebelde, cunha crítica amarga de cara á guerra. Esta obra constituíuse nun paradigma do teatro da resistencia. A obra tiña unha mensaxe perigosa, e reivindicaba a liberdade a pesar de que o conflito bélico da época estivera sempre presente.

Argumento[editar | editar a fonte]

Despois dun longo desterro, Orestes máis o seu mestre chegan a Argos nunha mañá da festa do día dos mortos, o décimo quinto aniversario da morte de Agamenón, encóntranse con que a cidade oferta unha paisaxe desoladora, rúas baleiras e xente dominada polo sentimento da culpa, así como moitas moscas voando sen parar.

Existo goberna a cidade despois de asasinar a Agamenón (pai de Orestes) anos atrás, e casar con Clitemnestra, viúva de Agamenóm e nai de Orestes. Agora os sentimentos de culpa unen ó pobo, só hai unha herexe, a filla de Clitemnestra, Electra, que á súa vez é a irmá de Orestes. Electra tata de alertar ao pobo de que os deuses non queren que estean tristes, senón o contrario, o cal alerta a Xúpiter, que intervén e derriba unha columna do templo, poñendo ao pobo contra Electra. Neses intres, Orestes promete a Electra que el mesmo vingará a morte do seu pai, Agamenón; entón, Xúpiter advirte a Existo de que Orestes quere asasinalo, e este pregúntalle a Xúpiter por que el, como deus, non o impide, entón Xúpiter explícalle que a liberdade dos homes non depende dos deuses. Máis tarde Orestes asasina a Existo e á súa muller, Clitemnestra, polo cal Electra queda impresionada, pero Xúpiter fai que esta se arrepinta. Orestes mantén a autonomía de seu fronte a Xúpiter e consegue abandonar a cidade coa cabeza en alto.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Os personaxes principais son:

  • Orestes, fillo de Agamenón e Clitemnestra.
  • Electra, filla bastarda de Clitemnestra e irmá de Orestes.
  • Existo, asasino de Agamenón, novo rei de Argos e novo esposo de Clitemnestra.
  • Xúpiter, deus da morte e das moscas.

Contexto histórico[editar | editar a fonte]

Sitúase no ano 1943.

Tradución ao galego[editar | editar a fonte]

Foi traducido ao galego por Xosé Manuel Beiras e publicado en 2008 por Edicións Laiovento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]