Xunta Nacionalista Asturiana
Aparencia
| Xunta Nacionalista Asturiana | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Xunta Nacionalista Asturiana (XNA) foi unha organización política nacionalista asturiana de esquerdas, de escaso percorrido, centrada principalmente no ámbito universitario.[1] Na mesma, participaron persoas como José Suárez Arias-Cachero e Inaciu Iglesias.
Formouse no ano 1986 cos militantes procedentes do Conceyu Nacionalista Astur (CNA) e, aínda que se definiu como partido político, non se rexistrou oficialmente como tal.[2] É por iso que non se presentou nin ás eleccións asturianas de 1987, nin ás europeas dese mesmo ano.
En 1988 xúntase á formación socialista Ensame Nacionalista Astur (ENA), creada en 1982, formando o partido Unidá Nacionalista Asturiana (UNA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista a Inaciu Iglesias.
- ↑ "Rexistru de Partíos Políticos del Ministeriu del Interior, onde nun apaez el XNA.". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2017. Consultado o 18 de xuño de 2012.
| A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |
