Saltar ao contido

Alianza Renovadora Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Alianza Renovadora Nacional
 Nome curto
    ARENA (pt) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
Características
 Posición política
Datas
 Fundación / creación
4 de abril de 1966 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
20 de decembro de 1979 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
União Democrática Nacional (pt) Traducir (1945 - 1964) Editar o valor en Wikidata
 Sucedido por
Partido Democrático Social (1980 - 1993) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Wikidata C:Commons

A Alianza Renovadora Nacional (en portugués: Aliança Renovadora Nacional, ARENA) foi un partido político brasileiro creado o 4 de abril de 1965 coa intención de apoiar ao novo goberno militar xurdido tras o Golpe Militar de 1964 no Brasil. Era un partido fundamentalmente conservador e autoritario.

Bandeira do ARENA

A súa creación tivo lugar coa instauración do bipartidismo mediante a lei institucional número 2. En 1980 o pluripartidismo sería legalizado e de ARENA xurdiron o Partido Democrático Social (actualmente coñecido como Partido Progresista) e o Partido da Fronte Liberal (actual Demócratas).

O bipartidismo creou dúas liñas políticas no Brasil. A oficialista, protagonizada por ARENA, e a oposicionista, representada polo Movemento Democrático Brasileiro.

O partido foi disolto oficialmente o 20 de decembro de 1979, ao entrar en vixencia a nova Lei de Partidos Políticos.[1] A ARENA foi disolta de maneira oficial polo Tribunal Superior Electoral o 15 de febreiro de 1980 ao aplicar a nova Lei Electoral que regulaba os partidos políticos.[2]

Resultados electorais

[editar | editar a fonte]

Eleccións presidenciais

[editar | editar a fonte]
Ano Candidato Votos en
Colexio Electoral
Porcentaxe
de votos
1966 Artur da Costa e Silva 294 100 %
1969 Emílio Garrastazu Médici 293 100 %
1974 Ernesto Geisel 400 84 %
1978 João Figueiredo 355 61,1 %

Cámara de Deputados

[editar | editar a fonte]
Ano Votos Porcentaxe Escanos
1966 8 731 638 64,0 % 277
1970 10 867 814 69,5 % 223
1974 11 866 599 52,2 % 203
1978 15 053 387 50,4 % 231
Ano Votos Porcentaxe Escanos
1966 7 719 382 56,6 % 19
1970 20 524 470 60,4 % 40
1974 10 067 796 41,0 % 6
1978 13 116 194 42,9 % 15
  1. Lei de Partidos Políticos (en portugués).
  2. Tribunal Superior Electoral (15 de febreiro de 1980). "Cancelamento" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2012. Consultado o 7 de agosto de 2017.