Arquitectura moderna
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
A arquitectura moderna (non confundir con arquitectura modernista) é un termo moi amplo, e designa o conxunto de correntes ou estilos de arquitectura que se desenvolveron ó longo do século XX, e mesmo desde finais do XIX, en todo o mundo.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]Desambiguación
[editar | editar a fonte]O termo refírese aos edificios e arquitectos das décadas do modernism en inglés, que non tiña que ver co sentido do termo modernismo (vinculado ao Art Nouveau e o Arts and Crafts) na Península Ibérica, antes da segunda guerra mundial.
Orixe
[editar | editar a fonte]O termo modernism que dá lugar a movemento moderno e arquitectura moderna ten a súa orixe orixinaria do nome do libro de Henry-Russel Hitchock e Philip Johnson no que se identificaba, categorizaba e expoñía baixo características comúns ao modernismo por todo o mundo. Como resultado, centrouse máis nos aspectos estilísticos do modernismo. Os principios básicos do estilo internacional xuntos constitúen unha parte do movemento moderno.[1]
Diversidade de termos
[editar | editar a fonte]O movemento moderno ou estilo internacional non ten unha denominación homoxénea en todos os países e linguas. En moitos países úsase o termo «estilo internacional» que orixe na exposición organizada por Henry-Russell Hitchcock e Philip Johnson no Museum of Modern Art de Nova York en 1932 e no libro publicado por ambos O estilo internacional: arquitectura dende 1922. Un termo sinónimo é "Modern Movement", do libro Pioneers of Modern Movement from William Morris to Walter Gropius (1936), de Nikolaus Pevsner. Este último ten un significado máis amplo e incluiría, ademais do racionalismo ou estilo internacional, os movementos de vangarda das dúas primeiras décadas do século XX.
É un termo dado a unha serie de estilos arquitectónicos con características semellantes, principalmente a simplificación da forma e a eliminación da ornamentación, e que declinou aproximadamente no 1900. Preto dos anos corenta estes estilos consolidáranse e identificáranse coma o Estilo Internacional pasando a se converter no estilo dominante na arquitectura durante moitas décadas no século vinte.
As características e orixes exactos da arquitectura moderna conforman aínda hoxe un debate aberto.
Características principais
[editar | editar a fonte]A arquitectura moderna caracterízase usualmente por:
- rexeitamento dos estilos históricos coma fonte das formas arquitectónicas (historicismo),
- adopción do principio de que os materiais e os requirimentos funcionais determinan o resultado,
- rexeitamento da ornamentación,
- simplificación das formas e eliminación dos "detalles innecesarios",
- gusto pola estrutura expresada,
- a forma segue á función.
Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hitchcock, Henry Russell; Johnson, Philip (1997-02). The International Style (en inglés). W. W. Norton & Company. ISBN 978-0-393-31518-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arquitectura moderna |