Arquipélago de Upernavik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 73°20′00″N 56°00′00″O / 73.33333, -56.00000

Nutaarmiut (a localidade menos poboada).

O arquipélago de Upernavik é un vasto arquipélago de pequenas illas no municipio de Avannaata, ao norte da península Nunavik, no noroeste de Groenlandia. O arquipélago esténdese desde a costa norte/nordeste da Península Nunavik (aproximadamente a 71°50′N 55°28′O / 71.833, -55.467[1]) até o extremo sur da baía de Melville (a aproximadamente 75°00′N 57°35′O / 75.000, -57.583[2]). Existen 10 localidades no arquipélago (sen contar as abandonadas): Upernavik Kujalleq, Kangersuatsiaq, Upernavik, Aappilattoq, Tasiusaq, Innaarsuit, Naajaat, Nutaarmiut, Nuussuaq e Kullorsuaq. A localidade máis setentrional é Kullorsuaq, sendo a máis austral Upernavik Kujalleq. A menos poboada é Nutaarmiut, e a que máis habitantes ten é Upernavik.

Mapa[editar | editar a fonte]

Xeografía do Arquipélago de Upernavik coas localidades marcadas con puntos amarelos.

Xeografía do Arquipélago de Upernavik coas localidades marcadas con puntos amarelos.


Economía[editar | editar a fonte]

A principal actividade económica do arquipélago é a pesca[3], aínda que as localidades máis ao norte dependen moito da caza de focas, morsas e baleas para complementar a economía familiar.

Fóra de Upernavik, a economía de renda está entre unha das máis baixas de toda Groenlandia. Catro das localidades do arquipélago (Naajaat, Nuussuaq, Kullorsuaq e Upernavik Kujalleq) están na lista das 10 localidades máis pobres de Groenlandia.[4]

Transporte[editar | editar a fonte]

Aéreo[editar | editar a fonte]

A Air Greenland opera voos como contrato do goberno para case todas as localidades do arquipélago (só non opera para Nutaarmiut e Naajaat). O único aeroporto do arquipélago é o Aeroporto de Upernavik, localizado en Upernavik, no entanto, existe varios heliportos.

Localidade Aeroporto/Heliporto Destinos
Aappilattoq Heliporto de Aappilattoq Upernavik
Innaarsuit Heliporto de Innaarsuit Tasiusaq e Upernavik
Kangersuatsiaq Heliporto de Kangersuatsiaq Upernavik e Upernavik Kujalleq
Kullorsuaq Heliporto de Kullorsuaq Nuussuaq e Upernavik
Nuussuaq Heliporto de Nuussuaq Kullorsuaq e Upernavik
Tasiusaq Heliporto de Tasiusaq Innaarsuit e Upernavik
Upernavik Aeroporto de Upernavik Aappilattoq, Ilulissat, Innaarsuit, Kangersuatsiaq, Kullorsuaq, Nuussuaq, Qaanaaq, Qaarsut, Tasiusaq e Upernavik Kujalleq
Upernavik Kujalleq Upernavik Kujalleq Heliport Kangersuatsiaq e Upernavik

Marítimo[editar | editar a fonte]

Até 2006, a Artic Umiaq Line tiña fornecido servizos de transbordador para Nuuk e para Uummannaq, Ilulissat e Aasiaat (no municipio de Qaasuitsup).[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nunavik, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
  2. Upernavik Avannarleq, Saga Map, 1:250.000, Tage Schjøtt, 1992
  3. "greenland-guide.gl". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 19 de agosto de 2012. 
  4. "Sermitsiaq, 2009/04/17". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2009. Consultado o 19 de agosto de 2012. 
  5. O'Carroll, Etain (2005). Lonely Planet, ed. Greenland and the Arctic. pp. 196–199. ISBN 1-74059-095-3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]