A arquidiocese de Armagh é unha das catro arquidioceses metropolitanas de rito romano da illa de Irlanda. O seu titular está na catedral católica romana de San Patricio en Armagh e é recoñecido como o primado de Irlanda.[1] Non se debe confundir coa diocese homónima da Igrexa anglicana.
Estableceuse como diocese en 445 por San Patricio, e como tal é a máis antiga que se constituíu nas Illas Británicas. Foi elevada ao rango de arquidiocese en 1111 durante o sínodo de Ráth Breasail. En 1152, despois do sínodo de Kells-Mellifont, o seu status confírmase como sufragáneas: