Arquidiocese católica latina do Río de Xaneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arquidiocese do Río de Xaneiro
Archidiœcesis Sancti Sebastiani fluminis ianuarii
Escudo
Datos xerais
Erixida19 de xullo de 1575
LocalizaciónBrasil
SufragáneasBarra do Piraí-Volta Redonda, Duque de Caxias, Itaguaí, Nova Iguaçu, Valença
Estatísticas
Poboación
- Fieis
- Total

3 737 000 (60,7%)
6 158 000
Parroquias252
Información
Igrexa particularIgrexa Católica Latina
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
Arcebispo metropolitanoOrani João Tempesta

A arquidiocese do Río de Xaneiro é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina no Brasil. En 2010 tiña 3 737 000 bautizados sobre unha poboación total de 6 158 000 habitantes. Actualmente o seu ordinario é Orani João Tempesta.

Territorio[editar | editar a fonte]

A arquidiocese inclúe a cidade do Río de Xaneiro, onde está a catedral de San Sebastián. O territorio está dividido en 252 parroquias.

Historia[editar | editar a fonte]

O 19 de xullo de 1575 foi erixida a prelatura territorial de San Sebastián do Río de Xaneiro, coa bula In supereminenti militantis Ecclesiae do papa Gregorio XIII, en territorios da diocese de San Salvador. Orixinalmente era sufragánea do patriarcado de Lisboa.

O 16 de novembro de 1676 a prelatura territorial foi elevada a diocese coa bula Romani Pontificis de Inocencio XI, e converteuse en parte da provincia eclesiástica de San Salvador de Baía.

O 6 de decembro de 1745 cedeu porcións do seu territorio para erixir as prelaturas territoriais de Cuiabá e Goiás e as dioceses de Mariana e São Paulo.

O 7 de maio de 1848 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Porto Alegre.

O 27 de abril de 1892 cedeu outra parte do seu territorio para erixir a diocese de Niterói e, á vez, foi elevada á categoría de arquidiocese metropolitana, coa bula Ad universas orbis Ecclesias de León XIII.

O 15 de agosto de 1907 cedeu novamente territorio para a creación da abadía territorial de Nosa Señora de Monserrat do Río de Xaneiro. O 6 de maio de 2003 a abadía territorial foi suprimida, e os seus territorios foron integrados novamente na arquidiocese.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Prelados de São Sebastião do Río de Xaneiro
Bispos de São Sebastião do Río de Xaneiro
Arcebispos metropolitanos de São Sebastião do Río de Xaneiro

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]