Orani João Tempesta
Orani João Tempesta | |
---|---|
![]() | |
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 23 de xuño de 1950 en São José do Rio Pardo, Estado de São Paulo |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 7 de decembro de 1974, por Tomás Vaquero |
Consagración episcopal | 25 de abril de 1997, por José de Aquino Pereira |
Creado cardeal | 22 de febreiro de 2014, por Francisco |
Arcebispo de Río de Xaneiro Cardeal-Presbítero de Santa Maria Madre della Provvidenza a Monte Verde | |
2009 - actualidade | |
Predecesor | Eusébio Oscar Scheid |
Outros | |
![]() Escudo de Orani João Tempesta | |
Ut omnes unum sint (Para que todos sexan un) | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Orani João Tempesta, nado o 23 de xuño de 1950 en São José do Rio Pardo (São Paulo) é un cardeal e arcebispo católico latino brasileiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en São José do Rio Pardo o 23 de xuño de 1950, e ingresou na Orde do Císter o 2 de febreiro de 1969. Foi ordenado sacerdote en 1974.
En 1984 pasou a ser prior do mosteiro cistercense de San Bernardo de São José do Rio Pardo e, coa elevación do mosteiro a abadía, converteuse no primeiro abade.
O 26 de febreiro de 1997 foi elixido bispo de Rio Preto. Recibiu a consagración episcopal o 25 de abril de 1997 de mans de José de Aquino Pereira, tendo como co-consagrantes aos bispos Dadeus Grings e Luiz Gonzaga Bergonzini.
Entre o 24 de marzo de 1999 e o 11 de decembro de 2002 foi administrador apostólico de Claraval.
O 13 de outubro de 2004 foi elixido arcebispo de Belém do Pará.
O 27 de febreiro de 2009 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo do Río de Xaneiro. Tomou posesión da arquidiocese o 19 de abril.
O 22 de febreiro de 2014 o papa Francisco creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Maria Madre della Provvidenza a Monte Verde.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- @domoranijoao. Conta persoal oficial en Twitter (en portugués).
- Páxina web oficial (en portugués).
- Perfil na web do Vaticano (en italiano).
- Perfil en Catholic-Hierarchy.org (en inglés).
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: José de Aquino Pereira |
Bispo de Rio Preto 1997 - 2004 |
Sucesor: Paulo Mendes Peixoto |
Predecesor: Carmelo Domênico Recchia (abade) |
Administrador apostólico de Claraval 1999 - 2002 |
Sucesor: (Supresión da abadía territorial) |
Predecesor: Vicente Joaquim Zico |
Arcebispo metropolitano de Belém do Pará 2004 - 2009 |
Sucesor: Alberto Taveira Corrêa |
Predecesor: Eusébio Oscar Scheid |
Arcebispo metropolitano do Río de Xaneiro 2009 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |
Predecesor: Luis Aponte Martínez |
Cardeal-Presbítero de Santa Maria Madre della Providenza a Monte Verde 2014 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |