Arqueoloxía xenética

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A arqueoloxía xenética é como se denomina en bioloxía a aplicación á paleontoloxía das técnicas da bioloxía molecular, especialmente da reacción en cadea da polimerase, o que permite reconstruír parentescos entre individuos da mesma ou diferentes especies, así como recuperar secuencias de nucleótidos de organismos hoxe extinguidos.

Aplicación á paleoantropoloxía[editar | editar a fonte]

A recuperación de moléculas de ADN mitocondrial (ADNmt) de mostras esqueléticas de diversa antigüidade permite estudar a variabilidade xenética dos grupos humanos do pasado. A análise do ADNmt en tecidos antigos presenta unha vantaxe fundamental fronte ao nuclear, debido ao seu alto número de copias por célula.

Os principais problemas metodolóxicos descritos neste tipo de análises puideron resolverse naqueles casos en que as mostras presentaban boas condicións de preservación. Estes foron fundamentalmente:

  1. Inhibición da amplificación.
  2. Autentificación dos resultados, e
  3. Detección e eliminación da contaminación.

A variabilidade no éxito da amplificación entre individuos dun mesmo asentamento arqueolóxico, indica que as condicións individuais de cada inhumación son máis importantes que a antigüidade. Por outro lado, as pezas dentarias demostraron ser o material máis adecuado para o estudo do ADNmt antigo.

A interpretación dos datos a nivel poboacional só é posíbel naqueles asentamentos que presentan un amplo número de individuos, dado o relativamente baixo rendemento da metodoloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]