Arnulfo de Chocques

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaArnulfo de Chocques
Nome orixinal(fr) Arnoulf de Roeux Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Chocques, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de abril de 1118 Editar o valor em Wikidata
Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Patriarca latino de Xerusalén
26 de abril de 1112 – 28 de abril de 1118
← Gibelin de Sabran (pt) TraducirGormond de Picquigny (pt) Traducir →
Patriarca latino de Xerusalén
1 de agosto de 1099 – 26 de decembro de 1099 – Daimberto o Dagoberto → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCondado de Flandres Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLanfranc (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesEmma (en) Traducir (sobriña) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Malecorne-1

Arnulfo de Chocques, coñecido tamén como Arnulfo de Rœux, finado en 1118, foi unha figura prominente entre o clero participante na Primeira Cruzada, e foi escollido como patriarca latino de Xerusalén en dúas ocasións, en 1099 e dende 1112 até a súa morte.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Até a conquista de Xerusalén[editar | editar a fonte]

Foi fillo dun sacerdote flamengo,[nota 1] e estudou baixo Lanfranco de Canterbury en Caen. Na década de 1070 Arnulfo foi preceptor de Cecilia, filla de Guillerme I de Inglaterra.[2] Foi tamén mestre de Raúl de Caen, un dos últimos cronistas da Primeira Cruzada.[2] Foi capelán do exército cruzado normando liderado por Roberto de Normandía,[1] irmán de Cecilia e fillo de Guillerme. Probablemente era un dos legados papais, baixo a autoridade do legado común da cruzada Ademar de Monteil,[3] e logo da morte de Ademar en 1098 compartiría a autoridade sobre o clero co outro legado Pedro de Narbona.

Foi un dos maiores escépticos ás afirmacións feitas por Pedro Bartolomeu de ter achado a Santa Lanza en Antioquía, e pola oposición de Arnulfo o mesmo Pedro decidiu aceptar unha ordalía de lume.[4] A oposición de Arnulfo a Pedro enfrontouno con Raimundo de St. Gilles, que cría no relato de Pedro. Para tentar solucionar a crise entre os cruzados, Arnulfo promoveu unha estatua de Cristo que foi colocada nunha das máquinas de asedio durante o asedio de Xerusalén de 1099. Logo da captura da cidade, descubriu a Vera Cruz na Igrexa do Santo Sepulcro, que se convertería na reliquia máis venerada do Reino de Xerusalén.

Patriarca de Xerusalén[editar | editar a fonte]

Logo de que Raimundo deixara Xerusalén, o 1 de agosto de 1099, Arnulfo foi elixido Patriarca de Xerusalén.[5] Foi apoiado por Godofredo de Bouillon, o primeiro rei de Xerusalén; e pola súa parte apoiou a decisión de Godofredo de facer de Xerusalén un reino secular no canto dun estado eclesiástico. Porén, a súa elección foi obxecto de dúbidas sobre a súa canonicidade, xa que aínda non estaba ordenado. Antes de ser ordenado, foi substituído en decembro por Dagoberto de Pisa,[1] a quen o papa Pascual II nomeara legado. Arnulfo foi entón nomeado arcediago de Xerusalén.[6]

En 1112 foi nomeado patriarca,[1] e foi considerado por parte dos cregos como demasiado duro. Foi especialmente impopular entre os cristiáns ortodoxos e siríacos ao prohibir as misas en ritos non latinos no Santo Sepulcro.[7] Foi acusado de varios crimes, como os de manter relacións sexuais cunha muller musulmá,[8] simonía, e especialmente de ter condonado o casamento bígamo do rei Balduíno I con Adelaida del Vasto, cando a súa muller Arda de Armenia seguía viva. Foi brevemente deposto por un legado papal en 1115, mais apelou ao papa Pascual II e foi restaurado na sé en 1116, ao probar que anulara o casamento entre Balduíno e Adelasia.[9]

Foi patriarca até o seu pasamento en 1118.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
(primeiro)
 Patriarca latino de Xerusalén 
1099
Sucesor:
Dagoberto de Pisa
Predecesor:
Xibelino de Arles
 Patriarca latino de Xerusalén 
1112 - 1118
Sucesor:
Garmondo de Picquigny

Notas[editar | editar a fonte]

Notas
  1. As evidencias disto, con todo, non son concluíntes, mais a maioría dos historiadores asumen dita hipótese. C.W. David explica en "Robert Curthose, Duke of Normandy" (1920) que o papa Pascual II escribiu en 1116 aos oponentes de Arnulfo que por "dispensa apostólica" non se debía ter en conta a "mancha no seu nacemento" (C.W. David, op.cit., p.219.).
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Jaspert, Nikolas (2006). Routledge, ed. The Crusades. Londres. pp. 105–106. ISBN 9781134240425. 
  2. 2,0 2,1 Charles Wendell David (1920). Harvard University Press, ed. Robert Curthose, Duke of Normandy. p. 219. 
  3. Corliss K. Slack (2013). Scarecrow Press, ed. Historical Dictionary of the Crusades. p. 172. ISBN 9780810878310. 
  4. Kenneth M. Setton, Harry W. Hazard, Robert Lee Wolff, Marshall W. Baldwin, Norman P. Zacour (1969). University of Wisconsin Press, ed. History of the Crusades. vol I. p. 330. ISBN 9780299048341. 
  5. Kenneth M. Setton; et al. op.cit. p. 377. 
  6. Kenneth M. Setton; et al. op.cit. p. 378. 
  7. Kenneth M. Setton; et al. op.cit. p. 340. 
  8. Kedar, Benjamin (1993). Variorum, ed. The Franks in the Levant, 11th to 14th centuries. 
  9. Kenneth M. Setton; et al. op.cit. p. 406.