Ordalía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A ordalía é unha práctica xudicial na cal a culpabilidade ou inocencia do acusado determínase expoñéndoo a unha proba dolorosa.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Ordalía por ferro quente

En Europa este modo de xuízo formalizouse despois da caída do Imperio Romano e foi apoiado pola Igrexa Católica ata o IV Concilio de Letrán (1215), supuña a intervención directa da divindade por medio principalmente da lide ou batalla xudicial, que podía ser a cabalo ou a pé segundo o rango dos participantes, considerábase culpable ao que saía do campo, ao que morría ou ao que se declaraba culpable o que daba lugar á imposición da pena correspondente ao delito. Outras ordalías era a das candeas, na que a culpabilidade estaba determinada pola candea que se consumira primeiro; a da auga quente, neste caso o acusado tiña que extraer uns croios ou pedras dun recipiente con auga fervendo, a súa culpabilidade determinábase uns días despois segundo o estado das súas queimaduras; o da auga fría, para ser declarado inocente era preciso afogar na auga; a do ferro quente estaba tamén moi esparexida sobre todo entre as mulleres, consistía en coller un ferro quente nas palmas das mans e depositalo uns pasos máis aló, aos tres días un xuíz tiña que examinar a man, de estar queimada era declarado culpable.