Arnold Bax
Arnold Bax | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de novembro de 1883 |
Lugar de nacemento | Streatham |
Falecemento | 3 de outubro de 1953 |
Lugar de falecemento | Cork |
Soterrado | St. Finbarr's Cemetery |
Nacionalidade | Reino Unido |
Alma máter | Royal Academy of Music |
Ocupación | compositor de música clássica, poeta, escritor, pianista e director de orquestra |
Coñecido por | Symphonietta Finale, Symphony No. 4 e Symphony No. 2 |
Premios | Knight Commander of the Royal Victorian Order, Royal Philharmonic Society Gold Medal, Knight Bachelor e Walter Willson Cobbett Medal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Arnold Edward Trevor Bax (1883 – 1953) foi un compositor inglés.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu en Pendennis Road, Streatham, Londres no seo dunha familia de clase media alta. Estudou na Royal Academy of Music con Frederic Corder.
A súa primeira influencia foi a dos compositores rusos, tras unha viaxe na súa mocidade a ese país, pero máis tarde, tras a lectura de Yeats desenvolveu unha forte paixón por Irlanda, no que adoitaba pasar temporadas todos os anos, e mesmo escribiu poemas para revistas irlandesas co pseudónimo literario de Dermot O'Byrne. Tamén lle gustaba as terras remotas do oeste de Escocia, pasando algúns invernos compoñendo en Morar, preto de Mallaig.
Arredor de 1910 comezan a aparecer as súas primeiras composicións significativas, primeiro sonatas para piano e logo composicións para orquestra como The Garden of Fand (1916) e Tintagel (1917).
Entre 1922 e 1939 compuxo sete sinfonías, nun estilo infrecuente de tres movementos no canto dos catro tradicionais.
En 1942 comezou a escribir música para filmes, pero a partir desa época móstrase menos activo, retirándose a Storrington, en Sussex. A súa última obra foi a Coronation March for Queen Elizabeth II.