Ariel Mendizábal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ariel Mendizábal
Nacemento9 de febreiro de 1981
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Ariel Hernán Mendizábal Rey, nado o 9 de febreiro de 1981 na Arxentina, é un pasteleiro galego, especializado na fabricación de sobremesas e doces de chocolate.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa familia era de emigrantes vascos na Arxentina, con tradición pasteleira. O primeiro obradoiro de doces fora aberto polo seu bisavó en 1936. Volveu a Galiza coa familia na infancia, e instalouse primeiro en Ribeira e logo na Coruña. Nesta cidade comezou a estudar nunha escola de arte, pero ao pouco, no ano 2000, marchou estudar e traballar co mestre pasteleiro español Paco Torreblanca, a Alacant. Posteriormente regresou a Galicia, e abriu un local con obradoiro e venda en Vilaboa (Culleredo).

En 2005 obtivo o título de Mestre chocolateiro de España e a finais dese mesmo ano quedou finalista no Campionato mundial World Chocolate Master París. En 2009 foi seleccionado para representar a España na Copa do Mundo da Pastelería, que se celebrou en Lión (Francia), e quedou na posición 19ª[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]