Saltar ao contido

Argyre Planitia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente xeográfico extraterrestreArgyre Planitia

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
TipoCráter de impacto e planitia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoMarte Editar o valor en Wikidata
EpónimoChryse and Argyre (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas49°50′S 316°41′L / -49.84, 316.69 Editar o valor en Wikidata
Diámetro893 km Editar o valor en Wikidata
CuadránguloQuadrângulo de Argyre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
mapa non dispoñible: marte
Identificadores
GoPN371 Editar o valor en Wikidata

Argyre Planitia é unha planicie do hemisferio sur marciano, que se orixinou a través dun grande impacto dun meteorito. O seu nome provén dun vello accidente xeolóxico que aparecía no mapa de Giovanni Schiaparelli do ano 1877; que facía referencia a Argyre, a illa mítica de prata da mitoloxía grega.

Argyre descansa centrada nas coordenadas 49,84° S 316,69° E,[1] entre as terras altas de Aonia Terra e Noachis Terra, ten segundo o USGS 892,93 km[1] de diámetro medio, que corresponderían a planicie en si, pero outros estudos inclúen tódolos aneis concéntricos que se supón que foron froito do impacto orixinal, e estes terían un tamaño de 650 - 780 - 870 - 1.050 - 1.290 - 1.470 - 1.700 km[2]; se nos decantamos pola planicie en si sería a terceira cunha de impacto por tamaño do planeta, pero se temos en conta os seus aneis pasaría a se-la segunda cunca de impacto por tamaño, todo isto mentres que non se certifique que tanto a Cunca do Polo Norte, coma Utopia Planitia se xeraron a partir dun impacto. Ten unha profundidade media duns 3 km, o seu punto máis baixo está dentro do pequeno cráter Hooke, a −5.121 m, mentres que o seu punto máis alto está a 5.393 m. nunha das crista do bordo do cráter orixinal , en concreto nos Charitum Montes, o suroeste do cráter Galle.[2]

Esta cunca posiblemente se orixinou a través dun grande impacto durante o período coñecido como Bombardeo Intenso Tardío, nos primeiros tempos do Sistema Solar, hai aproximadamente 3.900 millóns de anos, é posiblemente sexa a cunca de impacto antiga mellor conservada. Argyre está rodeada de grandes e empinados macizos, cristas e aneis circulares que forman patróns concéntricos, inclúen tamén os grandes macizos dos Charitum Montes e Nereidum Montes.[2]

Existen catros grandes canles formadas durante a Época Noéica, tres destas canles (Surius Valles, Dzígai Valles, e Palacopas Valles) corren cara ó interior de Argyre, procedentes das cristas e macizos do sur e leste. A cuarta canle, Uzboi Vallis, semella que vai dirección norte, cara a rexión de Chryse Planitia e este val podería terse orixinado coma consecuencia dun posible drenado de Argyre Planitia. Nia Valles, unha canle moito máis pequena e recente, podería terse formado a principios da Época Amazónica, despois de que o principais episodios fluviais e lacustres tiveran rematado.[3]

O leito orixinal da cunha está parcialmente aplanado e desinflado grazas ás capas de material que se puideron formar por sedimentación lacustre. Non se aprecian aneis centrais interiores, aínda que os macizos illados do interior da planitia poden se-los restos dos picos centrais do cráter orixinal.[2]

A parte sur da crista do bordo cráter orixinal de Argyre Planitia, formado polos Charitum Montes. Nas proximidades pódense ver uns cabalóns sinuosos, o cales poderían ser eskers de glaciares. O cráter Galle vese ó fondo.

O cráter Galle, que está localizado no bordo oriental de Argyre, a 51°S 31°W, é moi peculiar por que se asemella moito a un risoño ("cara feliz").

Galería de Argyre Planitia

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Argyre Planitia on Mars". Consultado o 09-04-2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 http://www.planetary.brown.edu/pdfs/2563.pdf Arquivado 04 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. Hiesinger & Head: Topography and morphology of the Argyre Basin, Mars
  3. http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-data_query?bibcode=2000LPI....31.2033P&link_type=ARTICLE&db_key=AST&high= Parker et al.: Argyre Planitia and the Mars Global Hydrologic Cycle

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]