Argimiro Rico Trabada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Argimiro Rico Trabada
Data de nacemento 14 de setembro de 1905
Lugar de nacemento Baleira
Data de falecemento 16 de outubro de 1937
Lugar de falecemento Castroverde
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

Argimiro Rico Trabada, nado en San Bernabel (Baleira) o 14 de setembro de 1905 e finado en Montecubeiro o 16 de outubro de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Exerceu como mestre e fixo por libre os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela (1924-1927). Foi mestre nas escolas da Fontaneira e San Bernabel. Organizou e foi director da Unión Cultural San Bernabé[1]. Organizou a Festa da Árbore na escola do San Bernabel o 10 de maio do 1934[2]. Visitaba asiduamente Montecubeiro, de onde procedía a súa nai, participando en actividades culturais desenvolvidas pola Unión de Labradores de Montecubeiro, e en mitins, como o do 14 de abril de 1936 para celebrar a festa da República, no que pronunciou un discurso defendendo a cultura como factor de liberación.

En outubro de 1937 un grupo de falanxistas fórono buscar á casa e levárono atado cara o monte. Nunha taberna do camiño detivéronse a beber deixando a Argimiro atado á fachada; ao saír pegáronlle patadas e insultárono. Seguiron camiñando ata o lugar elixido onde lle cortaron os testículos e a lingua, sacáronlle os ollos e rematárono de varios tiros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 13-11-1934, p. 13.
  2. El Pueblo Gallego, 9-5-1934, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]