Areteo
Nome orixinal | (grc) Ἀρεταῖος ὁ Καππαδόκης |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século I Capadocia |
Morte | século II Alexandría |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina |
Ocupación | médico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables | |
Areteo chamado a miúdo o Capadocio (latín Aretaeus, grego antigo Αρεται̂ος Καππάδοξ) foi un médico grego, un dos máis famosos de todos os médicos gregos antigos, pero non se coñecen detalles da súa vida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Probabelmente viviu no século I durante os reinados de Nerón e Vespasiano. Escribiu en grego xónico un tratado xeral sobre enfermidades que aínda existe, onde describía os síntomas minuciosamente. O seu sistema de loita contra as enfermidades era bastante intelixente e máis enérxico que o dos metódicos. Na súa práctica seguiu as ensinanzas de Hipócrates, pero prestou pouca atención ao que se chamaba "as accións naturais do sistema" e ao contrario do seu inspirador, non dubidaba en contrarrestalas cando lle parecían prexudiciais.
Polo que se deduce dos seus tratamentos, utilizaba purgas, narcóticos, flebotomías e elementos externos. Algúns o consideran membro da seita dos pneumáticos, próxima á escola dogmática, porque mantiña doutrinas similares ás desta escola de medicina, e segundo outros debería situarse na seita dos eclécticos ou empíricos.
A súa obra consta de oito libros, dos cales catro se titulan Περὶ Αἰτιω̂ν καὶ Σημείων ̓Οξέων καὶ Χρονίων Παθω̂ν, De Causis et Signis Acutorum et Diuturnorum Morborum, e os outros catro Περὶ Θεραπείας ̓Οξέων καὶ Χρονίων Παθω̂ν, De Curatione Acutorum et Diuturnorum Morborum, conservados case completos, aínda que faltan algúns capítulos[1].